Nota de prensa BNG: O BNG MANTÉN O SEU INTERÉS POLO LAGO

78

Namentres que o goberno municipal do Psoe anda perdido e distrae á opinión pública coa constitución dun comité de expertos, e o PP na Xunta fai visitas de cortesía para fuxir da súa responsabilidade e obrigada participación, o BNG segue a traballar na opción de desenvolvemento local do lago e da escombreira.
Van case que dous anos dende que o BNG comezará a súa acción política municipal coa presentación de mocións que pretendían rematar co período de pasividade, descoñecemento, descordinación e incertidume que estaban -e están- a caracterizar o proceso de planificación dos posíbeis usos e aproveitamento dos potenciais recursos, e que estaban -e están- a xerar na poboación local certo escepticismo social e económico diante da falta de información.
Foron rexeitadas polo Psoe e polo PP as que solicitaban a elaboración dun plano de desenvolvemento sostíbel coa participación de tódolos axentes relacionados, directa ou indirectamente, co proxecto ( Administracións -locais, autonómica, estatal e comunitaria-, Endesa, movementos asociativos –culturais, deportivos, empresariais, medioambientais, sociais, veciñais, …-, …), ou a creación dunha Comisión de Seguimento do proceso de enchido do lago e da súa estratexia de xestión, constituída por unha/un representante de cada unha das asociacións e/ou organizacións (culturais, deportivas, empresariais, medioambientais, sociais, veciñais, sindicais, políticas, …) do concello das Pontes.


Despois de seren aprobado, foi incumprido o acordo proposto polo BNG de celebración dun acto público informativo, no auditorio municipal, no mes de outubro, no que o Concello, a Consellaría de Medio Ambiente e Endesa diran conta da marcha do proxecto do lago, e no que responderan ás preguntas e suxestións dos asistentes.
Porén, os nacionalistas ponteses están a empregarse nunha dupla vía, superando o desleixo municipal.
O evoluir da calidade das augas do lago na fase de enchido é o motivo dunha primeira pregunta parlamentar, rexistrada a comezos do mes de xaneiro, na que o BNG solicita información sobre dos resultados, grao de cumprimento, imprevistos ou alteracións no seguimento da calidade das augas, e sobre dos motivos da non participación da Xunta nun acto informativo nas Pontes, que íase celebrar no mes de outubro pasado.
Xa a finais de xaneiro, o Grupo Parlamentar do BNG rexistraba outra pregunta relativa aos posíbeis usos do lago, á súa xestión e ao grao de implicación das distintas Administracións (locais –municipal e provincial-, autonómica, estatal e europea) en comparación con outros proxectos similares xa acometidos.
O BNG subliña que no caso francés o investimento do proxecto, construccións, arranque de equipos e infraestruturas supuxo uns 61,4 millóns de euros, dos que o 25% foron financiados por Europa e o 31% polo Estado; pero alguén tivo que solicitalos.
O furado énchese, neste ano chuvioso, á mesma rapidez que a nosa capacidade de decidir o noso futuro baleirase.
As Pontes, 26 de febreiro de 2010
Asemblea Local do BNG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios