Rexional Preferente. CD As Pontes 2 Dubra 0. O As Pontes consolida o liderato mentras os rivais perden puntos

82

Cómoda victoria do As Pontes ante o penúltimo clasificado por 2 goles a 0, co que, unha semana máis, continuará de líder. Sen facer un gran xogo, o As Pontes controlou o partido e dous goles a balón parado resolveron o encontro e outorgaron os tres puntos. No 28´, tras un gran lanzamento de falta Bossa adiantaba ós locais e no 65´ sentenciou de penalti. A ocasión máis clara dos visitantes produxose no 71´ cando Peeke lla pon en bandexa a Paco pero este manda o balón por alto. Ademáis da victoria esta foi unha xornada redonda para os azuis, pois o Dorneda empatou en Chantada (3-3), o Mesón do Bento perdeu co Val (1-2) e o Betanzos en Santiago (1-0). Agora mesmo, e a falta de 12 xornadas pra o final, o As Pontes é líder con 59 puntos, segundo Dorneda con 56, Mesón do Bento, 54, e Betanzos cuarto con 53. E precisamente o vindeiro fin de semana o As Pontes xogará en Betanzos un importantísimo partido no que os dous equipos poran en xogo parte das súas opcións de ascenso.
futbol_01.jpg


2. CD AS PONTES. Kiko, Esmorís, Jorge (Pablo 45), Chote (Brais 83), Manel, Dani Fernández, Jorge Parada (Adriano 72), Iván González, Alex Díaz (Carba 66), Bossa, Álvaro.
0. DUBRA. Manuel, Pablo, Rubio, Adrián (Jorge Baleato 82), Mérida, Liñares, Kilo (Cajide 77), Peke, Paco (Anxo 77), Leites, Dani (Toti 82).
Árbitro: Marcos Ordóñez (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Pérez Rellán e Pérez Montouto. Amonestou a Alex Díaz, Liñares, Kilo, Peke e Toti.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores.
Goles: 1-0, Bossa, minuto 28. 2-0, Bossa, de penalti, minuto 65.
Nova cortesía de A.F. e Xose Ferreiro
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios