Segunda Autonómica Feminina. Crocha CF 2 CD As Pontes 6. As pontesas rematan a Liga en quinta posición

62

Victoria a domicilio das rapazas do As Pontes na derradeira xornada de Liga, as pontesas impuxeronse na Pobra do Caramiñal ó Crocha por 2 goles a 6, tantos anotados por Paty Blanco (2), Alba (2), Carlota e Clara.
O cadro feminino remata a Liga con un balance de 19 partidos, contando o encontro ante o Muralla, 8 victorias, 5 empates e 6 derrotas, con 50 goles a favor e 31 en contra.
A clasificación final da Liga, anque algúns equipos teñen partidos pendentes de disputar, sería: 1º Victoria, 2º O Val, 3º Orzán B, 4º Pastoriza, 5º As Pontes, 6º Atlético Balouta, 7º Santa Minia Brión, 8º Milagrosa, 9º Crocha e 10º Tordoia. Retiraronse da competición Atlético Muralla e Noia.
A máxima goleadora do equipo foi a xogadora da selección galega Paty Blanco (foto), con 9 dianas, logo estarían Laura (8), Patri Dopico (7), Carlota (7), Alba (6), Andrea (2), Candela (2), e con un tanto, Yaiza, Silvia, Paula, Lara, Clara, Jani, Chipy, Mar e Sara.
Unha vez concluida a Liga dentro dunhas semanas disputarase a Copa na que o CD As Pontes ten prevista a súa participación.
cdaspontes.jpg


CROCHA CF 2. Noemí, Lara, Adriana (Cintia 68), Marta, Alba, Lara, Lidia, María (Sara S 58), Sara A, Sara O, Nayara.
CD AS PONTES 6. Leti, Yaiza, Paula, Jani, Silvia, Lara, Clara (Iria 63), Alba, Paty Blanco, Carlota, Carliña (Patri Dopico 58).
Campo e incidencias: Ramón Franco (A Pobra do Caramiñal)
Árbitro: Francisco Jose Piñeiro Prol (Boiro).
Goles: 1º tempo: 1-0, 1-1, Alba, 1-2, Clara. 2º tempo: 1-3, Alba, 2-3, 2-4, Paty Blanco, 2-5, Carlota, 2-6, Paty Blanco.
Resultados Liga 2009-2010
1ª Volta
As Pontes 5 Milagrosa 1
Atlético Balouta 1 As Pontes 2
O Val 1 As Pontes 0
As Pontes 0 Victoria 3
Orzán B 3 As Pontes 1
As Pontes 15 Atlético Muralla 0
Tordoia 2 As Pontes 2
As Pontes 3 Santa Minia Brión 3
Pastoriza 0 As Pontes 2
As Pontes 5 Crocha 0
2ª Volta
Milagrosa 1 As Pontes 1
As Pontes 1 Atlético Balouta 1
As Pontes 1 O Val 3
Victoria 4 As Pontes 0
As Pontes 2 Orzán B 2
As Pontes 2 Tordoia 0
Santa Minia Brión 2 As Pontes 0
As Pontes 2 Pastoriza 1
Crocha 2 As Pontes 6
Nova cortesía de Emma, Carliña e X.F.
Paty_Blanco.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios