Reunión entre o Consello Local de As Pontes e Deputadas do Grupo Parlamentar do BNG

22

Anúnciase a presentación dunha Iniciativa Parlamentar (pdf) , demandando á Xunta de Galiza a entrega de todo o expediente sobre o futuro lago de As Pontes.
As Pontes, 2 de marzo de 2010.- O Consello Local do BNG de As Pontes vén de reunirse coas Deputadas do Parlamento Galego, Isabel Sánchez Montenegro (responsábel da política medio-ambiental) e Ana L. Bouza (responsábel no Parlamento da Comarca de Ferrolterra).


Nesta reunión fíxose un repaso sobre as iniciativas presentadas polo BNG sobre o tema do Lago, tanto no ámbito local como no parlamentar; neste senso, aínda está pendente de realización a Moción aprobada no Concello das Pontes que instaba ao Goberno Local a realizar un acto público sobre este tema, con presenza da Xunta e de Endesa; tamén no ámbito parlamentar, están pendentes de contestación dúas preguntas (que adxuntamos), sobre a calidade das augas e sobre os obxectivos de planificación e futuros usos do lago e o seu entorno por parte da Xunta.
Ante a inacción das diferentes Administracións implicadas (a Autonómica e a Local), nesta reunión acordouse dar un impulso ao traballo político do BNG neste tema e, por iso, usando un procedemento singular do Regulamento do Parlamento Galego, o artigo 9, o Grupo Parlamentar do BNG vai solicitar que a Xunta lle entregue o expediente completo sobre o futuro lago de As Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios