Acto nas Pontes: QUE VAI PASAR COS SERVIZOS SOCIAIS NA GALIZA?

32

QUE VAI PASAR COS SERVIZOS SOCIAIS NA GALIZA?
Charla-coloquio a cargo de Carlos Aymerich
Portavoz do BNG no Parlamento Galego
Lugar: Salón de Actos da Casa Dopeso
Hora: 20.00
Día: 4 de Marzo, Xoves 
A Asemblea local do BNG pretende co acto que se fará hoxe no salón de actos da Casa Dopeso, as 20.00 horas, por parte de Carlos Aymerich, portavoz do BNG e responsable dos temas sociais no Parlamento Galego, dar a coñecer a posición en positivo que esta organización defende con respecto o Benestar Social. Pensamos dende o BNG, que a política do PP neste apartado é nefasta, e pódense citar moitos exemplos: esmantelamento das Oficiñas de Igualdade e Benestar, paralización de moitos edificios que xa estaban rematados fai un ano e que íanse destinar a Residencias da terceira idade, Centros de día, Galescolas, e que aínda non saben que facer con eles.


Esto é perxudicial, non só para as persoas que necesitan destes servicios, senón tamén para a creación de moitos postos de traballo, dos que estamos tan necesitados, e que esta posta en marcha levaría parello. Tamén é unha realidade o atraso co que se está aplicando a lei de dependencia. Por este tema criticábase moito o anterior goberno da Xunta, cando o que se estaba facendo tiña moito mérito, pois partíase de cero. O Acto vai ser unha charla-coloquio no que seguramente sairán a relucir os probemas concretos das Pontes neste tema: Desmantelamento da Oficiña Comarcal de Igualdade e Benestar, cando se vai abrir o Centro de Día, ampliación da galescola, construcción dunha nova Residencia da 3ª Idade, etc. etc.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios