XX CARREIRA PEDESTRE SAN XOSÉ 2010

26

A XX Carreira Pedestre San Xosé – As Pontes 2010 organizada polo Club Atletismo Olympo de As Pontes e patrocinada polo Concello de As Pontes, celebrarase o venres 19 de Marzo de 2010 ás 11:00 horas da mañá.


REGULAMENTO XERAL
A saída darase NO CIRCUITO DA FRAGA (Xunto Pavillón Municipal), ás 11:00 Horas.(A PROBA ABSOLUTA DISPUTARASE AO MESMO TEMPO QUE AS PROBAS ESCOLARES).
Os participantes deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
O percorrido será de 7.050 mts. Aproximadamente debidamente sinalizado (existindo percorridos menores en función das categorías escolares).
A clasificación será absoluta e por categorías.
Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicaría a descalificación dos atletas acompañados.
Ó longo do percorrido a organización establecerá controles para regula-la axeitada participación dos atletas.
Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu correspondente dorsal será descalificado.
O CONTROL DA CHEGADA PECHARASE UNHA HORA DESPOIS DE QUE CHEGUE O PRIMEIRO/A CLASIFICADO/A.
A inscrición realizarase nas oficinas do Departamento de Deportes (Pavillón Municipal Telf: 981 52 602 ou no e-mail: deportes@aspontes.org. Cerrarase a inscrición o mércores día 17 de marzo ás 13:00 horas.
Establécense as seguintes categorías:
– XUVENIL (M. e F.) Nados no 91-92-93-94
– PROMESA-SENIOR (M. e F.) Nados no 90 e anteriores.
– VETERANAS 35 anos cumpridos o día da proba.
– VETERANOS 40 anos cumpridos o día da proba.
NOTA: Poderase autoriza-la participación na Carreira absoluta á categoría de CADETES (M. e F.) con autorización por escrito do Delegado do Clube cunha hora de antelación na Secretaría da proba, optando únicamente ós premios da categoría absoluta.
Establécense os seguintes premios absolutos, tanto para categoría masculina como feminina:
1º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 290 Euros en metálico.
2º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 210 Euros en metálico.
3º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 150 Euros en metálico.
4º Clasificado e Clasificada: TROFEO e 70 Euros en metálico.
TROFEO ós tres primeiros clasificados/as por cada categoría se non chegan entre os/as catro primeiros/as absolutos/as.
TROFEO LUIS BARRIO DOEL: O primeiro pontés e a primeira pontesa clasificados.
En ningún caso (agás no trofeo LUIS BARRIO) un mesmo atleta poderá recibir dous premios, percibindo únicamente o de maior categoría.
RECIBIRÁN UN AGASALLO TÓDOLOS/AS ATLETAS NA CHEGADA.
CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DE ATLETA PONTÉS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.
REGULAMENTO PARA CATEGORÍA ESCOLAR
Esta categoría está reservada para tódaslas ENTIDADES (Centros escolares, agrupacións, clubes, etc.) que desexen participar, tanto públicos como privados, con participantes en idade escolar (6-16 anos).
Cada entidade poderá inscribir a tódolos/as participantes que desexe.
O percorrido será diferente ó absoluto en función das categorías.
Establécense as seguintes categorías:
PREBENXAMÍN (M. e F.): Anos 03-04 335m. 1 volta Circuito A
BENXAMÍN (M. e F.): Anos 01-02 550m.1 volta Circuito B
ALEVÍN (Feminino): Anos 99-00 965m.1 volta Circuito C
ALEVÍN (Masculino): Anos 99-00 1300m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Feminino): Anos 97-98 1300m. 1 volta Circuito A + C
INFANTIL (Masculino): Anos 97-98 1515m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Feminino): Anos 95-96 1515m. 1 volta Circuito B + C
CADETE (Masculino): Anos 95-96 1930m. 2 voltas Circuito C
REGULAMENTO PARA CATEGORÍA ABSOLUTA
2 Voltas Circuito C ESCOLAR + SUBIDA CLÁSICA Ó PANTANO (7.050 m. aprox.)
Coa finalidade de fomenta-la participación, para a clasificación por ENTIDADES, otorgaranse tres premios (vale de 150 €, canxeable por material deportivo, en calquera dos establecementos da vila) ás que clasifiquen ó maior número de participantes na liña de chegada, sumados os participantes da totalidade das categorías escolares.
Concederanse os seguintes premios:
Trofeo ós tres primeiros clasificados en cada unha das categorías.
Trofeo ó primeiro pontés clasificado masculino e femenino en cada categoría.
As inscripcións nas que se fará consta-lo nome e apelidos de cada atleta, así como o ano de nacemento, haberán de presentarse por duplicado nas oficinas do Departamento de Deportes do Concello das Pontes (Pavillón Municipal, s/n) non máis tarde das 13:00 H. do 17 de Marzo podendo ser enviadas por correo, fax (662 340 856) ou e-mail (deportes@aspontes.org).
Ditas inscricións presentaranse con letra lexible (preferentemente máquina) en follas aparte por cada categoría e sexo, coa sinatura do delegado ou adestrador e o selo da Entidade.
A saída terá lugar ás 11:00 horas, dende o mesmo lugar que a absoluta.
No momento de retira-los dorsais, os delegados ou adestradores das entidades, necesariamente un maior de 18 años, cuio nome e apelidos figurará nas inscricións, recibirán as indicacións adicionáis necesarias para o mellor desenvolvemento da proba.
A proba pedestre para entidades deportivas, salvo no especificado por este regulamento, rexirase polo xeral.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios