LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 2 MONTAÑEROS B 2

21

Empate a dous entre os xuvenís de Carballo e o equipo coruñés no partido disputado na tarde de hoxe no Campo do Poboado. Comezou moi ben o As Pontes cos goles de Borja e Cañizares, pero cando nos encamiñabamos ó descanso co 2-0 no marcador, os visitantes recurtaban distancias cun tiro cruzado ó que non pode chegar Iván.
Xa na segunda metade, os coruñeses empataban, e moi mal se poñían as cousas tras unha xogada na que era expulsado Toti e ademáis o colexiado sinalaba penalti, pero Iván estivo pletórico e parouno. A partir de ahi o As Pontes incluso buscou a victoria cun menos, pero sen fortuna, e ó final, polo menos salvouse un punto.
futbol_xuvenil_01.jpg


Agora mesmo o As Pontes é 12º con 28 puntos. Por detrás del estarían Areosa (23), Arousa (21), Calasanz (20), Aguiño (19), Montañeros B (18) e Choco (16).
Carballo alineou a Iván, Toti, Gogas, Abeás, Juan, Xabi, Borja, Junior, Cañizares, Cristian e Fernando. Na segunda metade entraron Jandro, Kilian e Guille.
A semana que ven os azuis desplazaranse a Coruña e xogarán ante un rival directo, o Calasanz.
A destacar a volta a casa do porteiro Adrián Varela Ramil (foto), que xogou no CD As Pontes, selección de Ferrol sub17 e galega sub18, entre outros, actualmente porteiro do Montañeros de División de Honra, cadro coruñés que tendo en conta que o equipo A xa está matemáticamente salvado hoxe decidiu desplazar a terras pontesas a algúns dos seus xogadores para tratar de salvar ó equipo B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg
futbol_xuvenil_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios