FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” – O ESTEO FS – CERDEDO FS (7-3)

30

Non foi un bo partido o disputado entre o líder, Esteo, e o penúltimo clasificado, Cerdedo. Os ponteses saíron moi relaxados e na primeira parte non estiveron á altura doutros encontros. Adiantaríanse os pontevedreses cun gol de Sergio, tanto que posteriormente remontarían os locais con goles de Noé e Anxo, resultado co que se chegaría ó descanso. Nos segundos vinte minutos o partido cambiou totalmente e os ponteses melloraron no seu xogo, froito do cal foron os cinco goles que subiron ó marcador, obra de Noé, en tres ocasións, Fran e Jaime. Sergio e Dani marcaron para o Cerdedo. Con este resultado o Esteo continúa de líder con catro puntos sobre o Casás Brulak.


Goleada do Esteo sobre o Cerdedo por 7-3 (ó descanso, 2-1). Uns 150 espectadores nas gradas do pavillón municipal da Fraga.
O ESTEO FS: Javichu, Diego, Fran, Jaime, Noé –cinco inicial- Anxo, Pellón, Juan e Roi.
CERDEDO FS: Antonio, Iván, Fabián, Sergio, Santi –cinco inicial- Javi, Álex e Dani.
ÁRBITROS: González Araújo e Manteiga Rodríguez (Ferrol). Amoestaron a Jaime, Pellón, Fabián e Javi.
GOLES: Min. 8 (0-1), Sergio. Min. 9 (1-1), Noé. Min. 13 (2-1), Anxo. Min. 24 (3-1), Noé (penalti). Min. 26 (4-1), Fran. Min. 32 (4-2), Sergio. Min. 33 (5-2), Noé. Min. 35 (6-2), Jaime. Min. 36 (7-2), Noé. Min. 39 (7-3), Dani (dobre penalti).
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios