O Festival Mozart ábrese á provincia e propón concertos en Ferrol, As Pontes e Ortigueira

47

[Diario de Ferrol] O Festival Mozart 2010 ábrese por primeira vez ós municipios da provincia e programa actuacións nas Pontes, Betanzos, Boiro, Carballo, Ferrol, Ortigueira, Rianxo e Vimianzo a través do Festival Exprés.


Así, segundo a programación presentada onte na Coruña polos responsables do certame, o teatro Jofre recibirá o 26 de maio á Artemis Ensemble, co espectáculo “Románticos”. Daniel del Pino no piano, Fumika Yamamura ó violín, Berthold Hamburger no violonchelo, Gabriel Bussy na viola e Deborah Hamburger no violín interpretarán o Cuarteto n° 1 de Juan Crisóstomo de Arriaga e o Quintento con piano op. 34 de Brahms. Tamén no Jofre prevese a actuación do Cuarteto de las Naciones, o 23 de xuño.
Ata As Pontes desprazarase o quinteto de solistas da Sinfónica de Galicia para presentar, o 6 de xuño, o espectáculo “Vento en popa”. Casey Hill (oboe), David Bushnell (trompa), Claudia Walker (frauta), Juan A. Ferrer (clarinete) e Steve Harriswangler (fagot) tocarán os Divertimentos n° 8 e 9 de Mozart e o Quinteto de Claude-Paul Taffanel.
A actuación programada na igrexa de Santa Marta de Ortigueira, o 27 de xuño, será do coro dos nenos cantores da Sinfónica de Galicia. Estarán acompañados ó piano por Alicia González Permuy e dirixidos por José Luis Vázquez. Interpretarán temas de Mendelssohn, Antón García Abril e Benjamin Britten.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios