REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 0 DORNEDA 0

34

Reparto de puntos no encontro disputado na tarde de hoxe no campo do Poboado entre dous dos apirantes ó ascenso. Na primeira metade dominou algo máis ó equipo visitante, liderados pola clase de David Vidal, pero foi Chote no 45´ quen tivo a mellor ocasión tras quedar so ante o porteiro visitante pero mandoulle o balón ó corpo. Na segunda metade puideronse adiantar os vistantes tras dúas boas ocasións de Pou, na primeira (50) paradón de Kiko, e na segunda (52) salva un defensa baixo paus. Durante a segunda metade chegaba con máis perigo o Dorneda, ata os minutos finais onde se estirou algo o As Pontes e Alex Díaz tivo dúas ocasións, pero o marcador non se moveu, un punto para cada equipo, e a falta de 10 xornadas a situación na zona alta da táboa comprímese, Mesón do Bento e As Pontes suman 60 puntos, Dorneda ten 58 e o Betanzos 57. Os azuis visitarán a semana que ven o complicado campo do Laracha.
futbol_01.jpg


0 CD AS PONTES. Kiko, Esmorís, Jorge, Chote, Manel (Brais 73), Dani, Iván González, Carba (Jorge Parada 64), Adriano (Alex Díaz 75), Bossa, Pablo.
0 DORNEDA. Manuel, Alfonso, Jacobo, Héctor, Huelves, Miguel, Marcos (Nando 67), Chequi, Pou (Nito 93), David Vidal, Chus (David Caamaño 85).
Árbitro: Saúl López Parga. Auxiliado por Lamas Vázquez e Quiroga Cerviño. Expulsou ó segundo adestrador do As Pontes no 30´ con cartón vermello directo. Amarela a Héctor, Pablo e Nando.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. 250 espectadores en tarde fría pero soleada. Presencia de público visitante.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios