Club de Montaña O Caxado

28

O Domingo 14 saimos as 8: 40 de diante do Polideportivo municipal 55 personas para ir camiñar a ruta entre Ares e Mugardos. O autobus deixanos na praia de Ares onde nos esperaban outros compañeiros que foran en coche propio xa que no autobus remataran as plazas o venres á noite,dous socios máis que viñeran dende Betanzos e dous máis de Ferrol, en total comenzamos a camiñar as 9:30 en total 65 persoas.
O camiño vai pola beira da ría de Ares pasando ploa zona de Centeas e da praia de Estacas, deixando As Mirandas a esquerda para continuar por Maiobre e O Penedo ata chegar a zona de Cervás. Alá por un camiño que se desvía á esquerda achegándonos máis á beira do mar, e que logo se converte nun carreiro, baixamos ao rego de Guille onde quedan os restos dun muíño de auga para, despois, subir pola outra banda e chegar a Chanteiro pola zona do Outeiro.
montefaro.jpg


Continuamos tirando cara a esquerda e subimos polo Campelo onde atopamos a primeira das ruínas das baterías da costa, a batería de Sudova que está moi tapada pola maleza. Continuamos dereito ata baixar a punta Coitelada ali facemos unha pequena parada para repoñer forzas e esperar a que se reagrupe o persoal e mais para disfrutar da vista sobre a ria ca Marola ó fondo e a cidade da Coruña detras.
Seguimos por un careiro a beira do mar que nos achega ata a praia de Chanteiro, cruzamos pola praia es eguimos por outro carreiro que nos leva ata Punta do Segaño.
Temos enfrente o Porto exterior e tamen podemos ver a Ría de Ferrol desde a entrada, cos castelos de San Felipe e da Palma e Ferrol ó fondo. Dende aqui teriamos a posibilidade de seguir bordeando a Ría , o que en 2 kms e medio nos levaria ó castelo da Palma, pero preferimos coller un carreiro que aranca enfrente da bateria das Salgueiras e monte arriba levanos pasando pola bateria de Fonteseca ata o alto da Bailadora de 266 m donde se atopa o centro de comunicacions. A subida non é moita pero fixo subir o pulso a alguns e mais depois do camiño tan placido que trouxeramos ata alí, pero o esforzo valeu a pena para poder contemplar dende o alto a vista sobre as duas rías,pola banda da Coruña ata punta langosteira e o porto exterior, pola outra banda toda a ría de Ferrol ata Neda e Xubia, e cara ó leste as terras de Felicia facendolle honra o nome.
Logo unha baixada que aínda que curta é intensa como para chegar cos xeonllos quentes ó autobus. Poi iso, baixada ata o castelo da Palma donde nos espersba o transporte, e a donde chegamos a unha e media despois de 17 kms, ende alí volta para a casa e a preparar a proxima que será o 18 de Abril or Penafesa na zona de Monfero, xa informaremos.
Dende o clob de montaña solo nos queda agradecerlle os participantes a sua colaboración e o comportamento durante o camiño.
Nova cortesía de Chucho
Baixando-do-autobus.jpg
montefaro_2.jpg
montefaro_3.jpg
Chegando-a-Punta-Coitelada.jpg
Comenzo-Na-Praia-de-Ares
Pola-praia-de-Chanteiro
Punta-do-Segano
Subida-a-Bailadora
Vista-desde-Montefaro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios