FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B”: PIZARRAS TRES CUÑADOS – O ESTEO FS (7-7)

32

Nun partido con polémica arbitral o Esteo sacou un importante empate na casa do Pizarras Tres Cuñados, de Casaio de Valeorras (7-7). Un cento de espectadores no polideportivo de Calabagueiros do Barco de Valdeorras.
Nun partido con moitas alternancias no marcador e cunha mala actuación arbitral, prexudicando claramente ó conxunto pontés, o Esteo sacou un importante punto na casa dun complicado rival, equipo que en cinco minutos marcou tres goles seguidos. A partir de aí comeza o bo xogo dos ponteses que remontan o marcador para chegar ó descanso cun 3-4 ó seu favor. A segunda parte estivo máis movida, con ocasións de gol para os dous equipos e alternancias no marcador. A falta de menos de tres minutos para o final chega a expulsión de Fran, polo que o Esteo xoga dous minutos cun home menos, tendo unha clara ocasión para marcar Noé. Sen embargo, serían os locais os que se adiantaban no marcador, pero a falta de vinte segundos para o remate do partido Noé estableceu o definitivo empate a sete goles. Un resultado que lles permite ós ponteses seguir liderando o grupo e recibir na vindeira xornada con dous puntos de vantaxe ó Casás Brulak, segundo na clasificación.
esteo.jpg


PIZARRAS TRES CUÑADOS: Marcos, Jesús, Bruno, David, Delin –cinco inicia- Suki e Borja.
O ESTEO FS: Ito, Gerardo, Fran, Jaime, Noé –cinco inicial- Anxo, Rubi e Pellón.
ÁRBITROS: Polémica arbitraxe de Vázquez Castellano e Araújo Vázquez, de Ourense. Expulsaron con vermella directa a Fran e David e por dúas amarelas a Pellón, do Esteo. Tamén foron amoestados Rubi, do Esteo, e David e Delin do conxunto valdeorrés.
GOLES: Min. 1 (1-0), Gerardo (propia meta). Min. 3 (2-0), David. Min. 5 (3-0), Jesús. Min. 9 (3-1), Fran. Min. 10 (3-2), Fran. Min. 12 (3-3), Noé. Min. 15 (3-4), Bruno (propia meta). Min. 24 (3-5), Fran. Min. 27 (4-5), Bruno. Min. 28 (5-5), Delin. Min. 30 (5-6), Pellón. Min. 36 (6-6), Bruno. Min. 39 (7-6), Bruno. Min. 39,40 (7-7), Noé.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios