Borja Prieto acaba 5º e 13º en 2000 e 5000 metros nos Campionatos de España

37

Os mellores palistas do Estado deronse cita esta fin de semana en Sevilla na disputa do Campioanto de España de Inverno Senior, Junior e Cadete.
Na proba do sábado, as clasificatorias de 2000 metros Borja acadou un meritorio 5º posto dos 116 participantes con un tempo de 7:55:36. Primeiro foi o campión do Sella en 2008, Javier Hernanz, segundo o actual campeón mundial, bicampión de Eruopa sub23 e tricampión universal junior, o prometedor palentino Diego Cosgaya, e terceiro Emilio Llamedo. O primeiro dos galegos foi Iván Alonso, cuarto.


Xa na final deste domingo, na distancia de 5000 metros, Borja foi o 13º dos 70 participantes cun tempo de 21:04:48. O vencedor foi o asturiano Emilio LLamedo, segundo Javier Hernanz e terceiro o tricampión mundial de maratón Emilio Merchan. Outra vez o mellor galego foi Iván Alonso, cuarto.
Borja seguirá competindo a fin de semana que ven, no que disputará a final de 2000 e realizará probas co K4.
O outro palista do Grupo Xuvenil que competiu esta fin de semana en Sevilla foi o canoísta xuvenil Ricardo Daniel Estevez López que foi 41º en 2000 metros e 39º en 5000 metros.
Por equipos venceu o Kayak Tudense por diante de Aranjuez e Catoira. O equipo de Borja, Club Elemental Piragua de Madrid logrou un máis que meritorio 9º posto con 857 puntos e o Grupo Xuvenil Endesa foi 81º con 62 puntos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro.
borja.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios