COPA FEMININA. CD AS PONTES 1 VICTORIA A CORUÑA 4

28

O imbatido Victoria venceu a un combativo As Pontes por 1-4 no partido disputado hoxe no Campo do Poboado, e entre Liga e Copa as coruñesas suman 21 triunfos consecutivos.
Rápidamente se adiantaron as coruñesas por medio de Lucía (7´) que bateu por alto a Leti que non puido facer nada. Pero pronto empatou o As Pontes tras un forte disparo da omnipresente Lara (12´), un xusto premio á súa espectacular campaña. Non obstante, pouco despois, no 24´outra vez Lucía con ese instinto que teñen as goleadoras soubo estar no lugar preciso pra aproveitar un rexeite e marcar o segundo, e apenas tres minutos máis tarde nun máis que presumible fora de xogo conseguía de tiro cruzado o seu particular hat trick. Espectacular a dianteira coruñesa a pesar da boa disposición da defensa local, dunha Jani inmensa, e das boas intervencións de Leti.
futbol_feminino_01.jpg


Asi chegouse ó descanso. Mediado o segundo tempo volvían a marcar as visitantes o 1-4 definitivo por medio de Carmen que marca tras recoller un rexeite do pau. No 70´ puideron marcar o segundo as azuis pero a talentosa Carlota, que hoxe volveu facer diabluras por banda esquerda, mandou o balón ó longueiro.
As locais buscaron o gol nos últimos minutos pero as visitantes defenderonse moi ben e suman tres novos puntos para rematar a primeira volta con seis, por tres do As Pontes e ningún da Milagrosa.
Presumiblemente as coruñesas acabarán campionas de grupo polo que o partido que enfronta a semana que ven a pontesas e lucenses semella clave para decidir o segundo posto e a última plaza que da acceso á seguinte ronda.
CD As Pontes 1. Leti, Yaiza, Patri Dopico, Jani, Silvia, Lara, Clara, Alba, Paty Blanco, Carlota e Carliña (Iria 63´).
Victoria 4. Ángela, Bego, Carmen, Vanesa, Laly, Rita, Oli, Ana, Lucía, María, Lupe (Diana 62´)
Árbitro: Bejarano Estepa (Ferrol). Amonestou a María e a Silvia.
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns 100 espectadores en tade soleada. Partido correspondente á terceira xornada da Copa Galega Feminina.
Goles: 0-1, minuto 7, Lucía. 1-1, minuto 12, Lara. 1-2, minuto 24, Lucía. 1-3, minuto 27, Lucía. 1-4, minuto 67, Carmen.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg
futbol_feminino_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios