FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B” : O ESTEO FS – CASAS P.BRULAK (3-4)

26

Escudo-O-Esteo.jpgPrimeira derrota (3-4) do Esteo na casa e precisamente contra o seu inmediato perseguidor, Casas Pinturas Brulak, equipo que con este triunfo colócase novo líder. O pavillón da Fraga rexistrou unha das mellores entradas dos últimos anos con máis de 450 espectadores nas gradas.
No mellor partido da temporada entre dous equipos candidatos ó título de liga saldouse coa vitoria dun reforzado Casas Brulak por un axustado 3-4. O encontro foi moi intenso e moi disputado con dous conxuntos que saíron a polos tres puntos. Logo de estrelar dous balóns nos paus o Esteo, que foi o que máis dominou na primeira parte, adiantouse no marcador cun gran gol de Pellón a saque de falta, resultado co que se chegou ó descanso. Ó pouco de iniciarse o segundo tempo, no que o xogo estivo máis igualado pero a iniciativa era dos locais, empataron os lugueses cun gol polo escadro do brasileiro Dani. Nun contragolpe Noé volve a poñer por diante ó seu equipo e de novo empata o Casas Brulak con outro gol de Dani aproveitando un rexeite de Javichu. Terceira vantaxe local a falta de seis minutos con outro tanto de Noé despois dun saque de falta de Pellón. O partido transcorría con ataques continuos nunha e outra portería. Pero, o momento decisivo chega a cinco minutos para o final, o cadro lugués, que xa acumulaba cinco faltas, arrisca sacando porteiro-xogador e a táctica saíulle ben, pois en dous ataques aproveitouse dos erros defensivos dos locais dándolle a volta ó marcador e alzándose cos tres puntos que o sitúan na cabeza da clasificación cun punto sobre o Esteo e a falta de seis xornadas para o remate da liga.


O ESTEO FS: Javichu, Gerardo, Fran, Pellón, Noé –cinco inicial- Rubi, Anxo e Jaime.
CASAS P.BRULAK: Toquinho, Arcadio, Cancio, Cabanas, Dani –cinco inicial- César, Marcio e Kini.
ÁRBITROS: Foi moi protestada a actuación dos colexiados Fiaño López e Menéndez Nistal, da Coruña. Amoestaron a Javichu, Gerardo, Noé, Rubi e Jaime, do Esteo, e Arcadio e Toño, do Casas Brulak.
GOLES: Min. 8 (1-0), Pellón. Min. 23 (1-1), Dani. Min. 27 (2-1), Noé. Min. 30 (2-2), Dani. Min. 34 (3-2), Noé. Min. 35 (3-3), Marcio. Min. 36 (3-4), Dani.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios