Manifestación para eliminar o veto de Astano

55

Este sábado, día 27, vaise celebrar en Ferrol, ás 12 do mediodia, unha Manifestación polo emprego e a eliminación do veto para construir buques en Astano, con saída dende o Porto de Curuxeiras.
Dende As Pontes haberá autobuses con saída ás 10,30 diante da CIG, na Rúa da Balsa. Para apuntarse chamar o tfono.: 981451510
Que exista traballo no asteleiro de Astano, sería importante non só para Fene e Ferrol, senón tamén para toda a comarca e concretamente para As Pontes, pois moitas empresas desta localidade, sobre todo metalúrxicas, poderían traballar para este asteleiro.
Convoca esta manifestación Rumbo 21, co apoio do BNG, PP, CIG, Asociacións de empresarios de Ferrolterra, Concellos de Ferrol, Fene, Narón, etc.


Cartel-Manifestacion.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios