PARTIDOS FEMININOS

55

O As Pontes feminino perdeu hoxe á mañá en Coruña ante o glorioso Victoria por 5 goles a 0 no terceiro partido de Copa. Derrota sen paliativos das azuis que o deron todo ante o mellor equipo da categoría e que xa garantiu o primeiro posto no grupo e o acceso á seguinte rolda. O partido clave das pontesas disputarase este Xoves Santo, recibirán ás lucenses do Milagrosa e necesitan polo menos un punto e o apoio do público pontés para intentar acceder a seguinte fase.
Salido formou con Leti, Yaiza, Paula, Jani, Silvia (Iria 73), Lara (Carliña 79), Clara, Alba, Paty, Carlota e Chipy. As visitantes alinearon a Ángela, Begoña, Laura, Vanessa, Lucía, Rita, Olalla, Ana, Lucía, Isabel e Virginia. Arbitrou o encontro o colexiado coruñés Iván Domínguez de Bernardo.
1.jpg
O equipo feminino B sumou o seu segundo triunfo na Liga Comarcal de Fútbol 8, vencendo en Ferrol nun partido moi disputado ó Aspirantes por 0 a 1, tanto anotado por Clara. Salido e Pita xogaron con Natalia, Sabela, Andrea, Paula Vilaboy, Cris García, Cris Moirón, Uxía, Antía, Janira, Paula López, Clara, Carla e Alba.
2.jpg
Lidera a clasificación o Cariño con pleno de victorias na primeira volta, 12 puntos, e un partido máis, segundo estaría o As Pontes con 6, Aspirantes e Ortigueira teñen 3 e cerra a taboa o Meirás con 0 puntos.
Precisamente as de Valdoviño serán as próximas rivais das azuis no partido que pecha a primeira volta.


Nova cortesía de Carliña e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios