REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 4 BOIRO 0. OS PONTESES RECUPERAN O LIDERATO

81

Tres importantísimos puntos os logrados polo As Pontes na tarde de hoxe ante o complicado quinto clasificado, o Boiro, na súa loita por conseguir o ascenso.
Comezaron dominando os locais, xa no minuto 3, Carba tira ó longueiro e o seu rexeite cabeceao Rebolo tamén ó longueiro. Cinco minutos despois Rebolo queda so, pero no último instante despexa o defensa. No 13´ gran xogada de Iván González, pasa a Carba, este cede a Dani que remata de tiro cruzado que se vai por pouco. No 24´outra nova ocasión para Rebolo que dispara frouxo. A pesar das oportunidades chegouse ó descanso coas táboas no marcador.
Na segunda metade, ós 50 minutos puido chegar o castigo, Pablito queda so, pero non consigue definir ante Kiko. E o que son as cousas, ahí chegou o momento máxico do As Pontes, con catro goles en quince minutos. No 51´ Iván manda o balón ó pau, colle o rexeite Carba que cede a Adriano e este fusila a placer. Tres minutos máis tarde, centro desde banda de Carba, rebota nun defensa visitante e o balón cae nos pes de Iván que marca con maestría. No 58´ Iván vaise so e o porteiro faille penalti que se encarga de transformar maxistralmente Bossa. No 66´ pase en profundidade de Pablo a Iván que se desmarca ben e pica ante a saída do porteiro.
Co partido xa sentenciado salientar un tiro ó longueiro de Santi no 73´ e que o As Pontes xogou os cinco últimos minutos con dez por unha aparente leve lesión dun Iván que hoxe estivo pletórico.
A falta de oito xornadas para o final, As Pontes lidera con 66 puntos, Mesón do Bento ten 64, Betanzos 61 e Dorneda 59. A semana que ven o As Pontes xogará en Chantada.
boiro-4-0-001.jpg


4. CD AS PONTES. Kiko, Esmorís (Rivas 66), Álvaro (Jorge 40), Chote, Brais, Dani Fernández, Rebolo (Pablo 45), Iván González, Adriano, Bossa (Suso Peña 70), Carballeira.
0. BOIRO. Pajarillo, Borja (Abel S. 75),Alex, Santi, Trasbach, Bernardo, Anxo, Abel (Nando 60), Pablito, Manuel Ángel (Álvaro 60), Walter (Jacobo 70).
Árbitro: Óscar López Fernández (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Lens Ares e Del Río Amor. Amonestou a Esmorís, Chote, Bossa, Carba e Pajarillo.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 30ª xornada.
Goles: 1-0, minuto 51, Adriano. 2-0, minuto 54, Iván. 3-0, minuto 58, Bossa, de penalti. 4-0, minuto 66, Iván.
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
boiro-4-0-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios