FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B”: BOSTON OURENSE – O ESTEO FS (5-5)

104

Mal partido do Esteo en Ourense, onde non pasou do empate diante do Boston (5-5). Medio cento de espectadores no pavillón dos Remedios, da cidade das Burgas.
Non andan moi finos os xogadores do Esteo nas últimas xornadas, xa que levan tres sen coñecer a vitoria e tras este novo empate están agora a tres puntos do líder, Casas-Brulak. Comezaron ben as cousas para os ponteses, pero varios erros defensivos propiciaron que os locais se foran con vantaxe no marcador ó descanso (3-2). A segunda parte cambiou a imaxe e o xogo dos ponteses, que nestes segundos vinte minutos dominaron ó cadro ourensán e en dúas ocasións foron por diante no marcador para chegar o empate definitivo a falta de menos de dous minutos para o remate, aínda que o Esteo tivo a oportunidade de gañar o encontro en dous dobre-penalti que Pellón estrelou nos paus da portería local.


BOSTON OURENSE: Luis, Raúl, Tizón, Jacobo, Luis Ángel –cinco inicial- Iván, Kiko, Pablo, Fanda, Guano e Rubén.
O ESTEO FS: Ito, Anxo, David, Fran, Noé –cinco inicial- Gerardo, Rubi, Juan e Pellón.
ÁRBITROS: Roldán Pérez e Omero Baltasar (Pontevedra). Amoestaron a Rubi e Pellón, do Esteo.
GOLES: Min. 3 (0-1), Anxo. Min. 4 (1-1), Tizón. Min. 6 (2-1), Luis. Min. 15 (2-2), Pellón. Min. 19 (3-2), Raúl. Min. 22 (3-3), Noé. Min. 25 (3-4), Pellón. Min. 30 (4-4), Fanda. Min. 37 (4-5), Fran. Min. 38 (5-5), Raúl.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios