COPA FEMININA. CD AS PONTES 2 SCD MILAGROSA 1. AS PONTESAS PASAN Á SEGUINTE FASE

63

Sensacional triunfo o conseguido polas rapazas do As Pontes na mañá de hoxe ante o cadro lucense da Milagrosa, o que garantiza o pase das azuis á segunda fase desta competición.
Ó pouco de comezar o encontro puido adiantar Paty ás locais (5´) pero o seu tiro marchou desviado por pouco, pero mal se poñían as cousas cando no minuto 15´ cun forte disparo desde fóra da área Mika poñía o 0-1. Non se viñeron abaixo as azuis e no 34´tras un lanzamento de falta ben executado Paty situaba as táboas no marcador e devolvía as esperanzas ás locais.
milagrosa_01.jpg


Nos primeiros instantes da segunda metade as lucenses saliron a polo segundo tanto, máis veteranas que as pontesas, pero Leti fixo moi boas paradas; Yaiza, Jani e Silvia foron un frontón, Lara corría detrás do balón dun lado para outro, e mantívose o empate ata que no 82´ outra vez Paty, con un golazo de falta ante o que a porteira non puido facer nada, poñía o 2-1 e acercaba as pontesas á seguinte fase.
Pero non se rendiron as lucenses nin moito menos nos últimos minutos, con moita garra e pundonor buscaron o empate, aínda así a calidade de Carlota estivo a piques de supoñer a sentencia no 85´, pero o seu disparo, outra vez, foi ó longueiro.
E asi se chegaba ó final, co xúbilo do público e xogadoras pontesas por unha victoria moi traballada e por unha clasificación moi meritoria de todo o equipo, para un cadro pontés que soubo facer fronte ás numerosas baixas coas que ven afrontando este último tramo de temporada, coa experiencia das máis “grandes” e a ilusión das máis noviñas.
2 CD AS PONTES. Leti, Yaiza, Paula, Jani, Silvia, Lara, Clara, Alba (Chipy 61´), Paty, Carlota, Carliña.
1 SCD MILAGROSA. Antía, Laura, Tucha, Yoli, Bea, Mika, Paula, Carmen, María, Melodi, Tamara. Na segunda metade entraron Páramo (51´) , Lucía (68´), Marta (75´) e Sonia (79´).
Árbitro: David Saavedra (Ferrol).
Campo e incidencias: Campo Anexo do Poboado. Uns cen espectadores en mañá chuviosa. Partido correspondente á quinta xornada da Copa Galega Feminina.
Goles: 0-1, minuto 15, Mika. 1-1, minuto 34, Paty Blanco. 2-1, minuto 82, Paty Blanco.
Nova cortesía de A.F. e Xose Ferreiro
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg
milagrosa_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios