Clube Grupo Xuvenil de Piraguismo: Cronica dos ponteses participantes na regata de Portonovo.

30

O sábado 3 de abril, o Clube Grupo Xuvenil de Piraguismo desplazouse ata a localidade de Portonovo,onde se celebrou a I Regata da Copa Galega de Travesías.
Nun circuito improvisado pola organización da regata o Clube Cofradía de Pescadores Portonovo,debido a alerta laranxa, e co máis selecto da nosa comunidade neste tipo de competicións, os padexeiros do Grupo Xuvenil desprazaron a catro deportistas todos eles na categoría senior.
Formando parella deportiva o C2 Hernán Blanco e Daniel Estevez acadou unha meritoria 10ª plaza, e por outra parte a parella deportiva de K2 formada por Carlos Pedreira e Antonio Polo acadaron a victoria-dando unha vez máis mostra do seu bo facer nas regatas de longa distancia-impoñendose as embarcacións de As Xubias de Coruña e ós locais do Cofradía de Pescadores Portonovo.
Por outra parte,si cadra estes resultados son máis salientables debido a dureza do percorrido onde as ondas casi impedían nalgunhas zonas gardar o equilibrio sobre as embarcacións


Nova cortesía Clube Grupo Xuvenil de Piraguismo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios