Concerto de QCP! no pub coruñes INOX

37

Mañá venres día 9, ás 11 da noite, o grupo pontés Que Cunda o Pánico (QCP!) presentará no PUB INOX da Coruña a súa primeira gravación, que leva o título xenérico de EP nº 1. Trátase dun maxisingle con catro cancións que xa foi presentado en xaneiro nas Pontes, no PUB ZEPPELIN, e que, esgotadas xa tódalas unidades, vai pola súa segunda 2ª edición. Quen así o desexe poderá adquirilo durante o concerto.
QCP!, que gusta de invitar a músicos doutras formacións a compartir escenario e cancións, estarán acompañados nesta ocasión polo impresionante guitarrista pontés JAVI GASTA, que leva un tempo no dique seco, polo que será unha boísima ocasión para escoitalo en directo. Un auténtico pracer e a perfecta excusa para achegarse ata o PUB INOX.
Nesta ocasión, e sen que serva de precedente, a entrada custará 3€.
qcp.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios