REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 4 SANTIAGO DE COMPOSTELA 0

49

Victoria moi importante do As Pontes na tarde de hoxe ante o Santiago de Compostela, triunfo que achega ós locais á Terceira División. Moi rápido se adiantaron os azuis pois no minuto 6, córner botado por Pablo que case acaba en gol olímpico, o porteiro rexeita, e Dani aproveitase para marcar por alto, no minuto 12´ noutro saque de córner maxistral de Bossa, Dani cabecea ó fondo das mallas e o gran medio centro consigue o doblete. Máis goles puideron chegar na primeira metade, pero os remates de Parada (17´) e Bossa (34´) foron ó longueiro.
No segundo tempo poñíanse as cousas moi de cara co penalti de Martín, que derruba a Carballeira dentro da área, e a conseguinte expulsión do xogador visitante. Pero non puido aumentar a ventaxa o especialista a balón parado Bossa, que nesta ocasión mandouno ás mans do porteiro. No 70´ Chote queda so ante o porteiro pero non consigue definir. Na recta final do encontro os locais redondearon o marcador, Bossa no 78´ fai un quiebro ante a saída do porteiro e marca con temple a porta baleira. No 82´ tras un pase desde banda de Adriano, Suso Peña regatea ó central e pica ante a saída do porteiro.
cd_aspontes_01.jpg
En definitiva triunfo rotundo dos azuis ante un Compostela que a pesar de todo foi un equipo perigoso pero que non chegou a crear ocasións claras.
A falta de 6 xornadas, o As Pontes lidera a táboa con 72 puntos, por 70 do Mesón do Bento, ambos equipos acheganse ó ascenso, o Betanzos ten 64, e o Dorneda 62.
O As Pontes visitará ó Viveiro a próxima semana.


CD AS PONTES 4. Kiko, Esmorís, Jorge, Chote, Brais, Dani, Jorge Parada, Carba (Troncho 66), Adriano, Bossa (Suso Peña 79), Pablo (Iván González 60).
SANTIAGO DE COMPOSTELA 0. Mario, Adrián Cabado, Mateo, Marc, Outeiral (Marcos Álvarez 74), Martín, Villa, Rubén, Beiroa (Alex 74), Changui, Franqueiro ( Óscar 61).
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Unhas 150 persoas en tarde soleada. Foto do xogador de Boiro Marcos Yáñez Fernández “Changui”, ex xogador de Deportivo, Compostela, Pontevedra, Elche, Ejido ou Las Palmas, entre outros.
Árbitro: Espasandín Cores (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Méndez e Rama. Cartón amárelo a Brais, Parada, e ó adestrador visitante Tono. No minuto 59 expulsou ó visitante Martín con vermella directa.
Goles: 1-0, minuto 6, Dani. 2-0, minuto 12, Dani. 3-0, minuto 78, Bossa. 4-0, minuto 82, Suso Peña.
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios