CLUB DEPORTIVO AS PONTES – RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

79

PREFERENTE: CD AS PONTES – SANTIAGO COMPOSTELA (4-0)
XUVENIL NACIONAL: RC CELTA B – CD AS PONTES (5-1)
XUVENIL COMARCAL: FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES (0-2)
FEMININO COMARCAL: CD AS PONTES B – MEIRÁS CF (2-1)
CADETE: CD AS PONTES – GALICIA MUGARDOS (2-3)
INFANTIL: CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO (2-0)
BENXAMIN A: SRD CANIDO – CD AS PONTES (0-5)
BENXAMIN B: CD AS PONTES B – SD O VAL B (2-4)
PREBENXAMIN A: CD AS PONTES A – NARÓN BP PIÑEIROS A (4-1)
PREBENXAMIN B: NARÓN BP PIÑEIROS B – CD AS PONTES B (13-0)
cd_aspontes_01.jpg


CD AS PONTES PREFERENTE: O As Pontes deu un paso máis para o ascenso á Terceira División despois da súa goleada ó Santiago de Compostela (4-0), con goles de Dani, en dúas ocasións, Bossa e Suso Peña. Os ponteses seguen na primeira posición con 72 puntos, seguidos de Mesón do Bento, con 70, e xa un pouco máis distanciados Betanzos, con 62, e Dorneda, con 60 puntos. Os ponteses teñen agora dúas saídas consecutivas, a Viveiro e Padrón, para logo recibir no Poboado ó Xove Lago. Nas tres derradeiras xornadas xoga en Noia, recibe no Poboado ó Mesón do Bento e remata a liga en Sada.
CD AS PONTES FEMININO: Importante vitoria do equipo B na competición comarcal ó gañar ó Meirás por 2-1, os dous goles anotados por Chipy. As pontesas son segundas con nove puntos, a un do líder Cariño. En canto á copa galega, rematou a primeira fase despois de disputarse a derradeira xornada na que o Victoria gañou en Lugo ó Milagrosa por un contundente 1-6.
CD AS PONTES XUVENIL: Derrota clara do As Pontes en Vigo perante o Celta B por 5-1. O gol dos ponteses foi marcado por Cañizares. Os de Carballo están 12º posición con 34 puntos, a sete dos postos de descenso e nas vindeiras xornadas recibe no Poboado ós dous primeiros clasificados, Conxo e Deportivo B. O conxunto B gañou en Ortigueira por 0-2, con goles de Chungui e Manu.
CD AS PONTES CADETE: Derrota no Poboado do As Pontes cadete na primeira xornada da competición de copa diante do Galicia de Mugardos (2-3), con goles ponteses marcados por Criado e Galego. Na seguinte xornada o As Pontes enfróntase ó Val en Sinde.
CD AS PONTES INFANTIL: Traballada vitoria do conxunto infantil perante o Eume Deportivo. Ó final do partido vitoria dos de Rebolo por 2-0, tantos marcados por Diego. O As Pontes ocupa a segunda posición con 12 puntos, a catro do Racing de Ferrol. Na vindeira xornada os ponteses xogan na casa do pechacancelas Cariño, equipo que aínda non puntuou.
CD AS PONTES ALEVÍN: Os dous equipos de categoría alevín inician a competición de copa o sábado 17.
CD AS PONTES BENXAMÍN: Na categoría benxamín derrota no Poboado do As Pontes B diante do Val B (2-4). Marcaron Alejandro, de penalti, e Mateo. O As Pontes A gañou en Ferrol ó Canido por un claro 0-5, con tantos marcados por Sergio, Álex, Eloy e Bruno. O As Pontes é quinto no seu grupo con 47 puntos mentres que o equipo B é décimo cuarto con catorce puntos.
CD AS PONTES PREBENXAMÍN: Vitoria e derrota na categoría prebenxamín. o As Pontes A gañou no Poboado ó Narón BP Piñeiros por 4-1 con tres goles de Vicente e un de Xoel Pena. O prebenxamín B perdeu en Narón por 13-0.
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios