Anxo Guerreiro, ex-parlamentarioo galego, estará nas Xornadas da Terra 2010

77

O ex-deputado no Parlamento de Galicia, ANXO GUERREIRO, será o conferenciante na quinta edición das “Xornadas da Terra” que conxuntamente organizan a Asociación Niño do Azor e a Irmandade As Pontes-Lesneven-Carmarthen.
A súa charla versará sobre “A Galicia de hoxe” e será o venres 23 de abril a partir das oito e media do serán (20,30) no edificio de cultural “Casa Dopeso” da vila pontesa.
Anxo Guerreiro naceu na veciña parroquia de Roupar e dende 1981 a 1985 foi deputado no parlamento galego, deixando a súa actividade política en 2001. Actualmente colabora en varios medios de comunicación.
Lembrar que na primeira edición de 2005 estiveron nestas xornadas culturais Xosé Luís Barreiro Rivas e Antonio Oca. En 2006 o escritor Darío X. Cabana, Alfonso Blanco Torrado, da asociación Xermolos, e Xurxo Souto, músico. Na edición de 2007 o conferenciante foi Xosé Manuel Beiras, catedrático na universidade de Santiago. Finalmente na cuarta edición de 2008 estiveron Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo.
xornadas_da_terra.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios