Club Xadrez As Pontes

26

O Sábado xogouse a penultima ronda da Liga de Xadrez. O club de Xadrez As Pontes enfrontouse nos locales do LAR o Círculo de Xadrez Narón “C”, conseguindo a victoria Antonio Castro e Simon Caaveiro no 1º e 4º taboleiro respectivamente, mentras que Javier Pérez e Rocío Tojeio no 2º e 3º , acadaban sendas taboas, que facian o punto que deixaba o resultado final nun:
Xadrez As Pontes 3 _ Círculo de Xadrez Narón 1.
Con este resultado seguimos ocupando a 3ª posición na clasificación á falta de xogar a rolda nº 7 que fora aprazada pola ameaza do temporal no seu día. Xogarase o vindeiro Sabado 17 en Ferrol contra o Círculo Ferrolan “C”.


Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios