A vindeira semana a Televisión local pontesa entrará na era dixital

73

[Blog TV] A vindeira semana a Televisión local pontesa entrará na era dixital coa emisión no novo sistema, único válido dende o apagón analóxico.
Logo de que rematase o prazo para manter as emisións no sistema ata agora vixente, e se fosen apagando os repetidores por zonas, as emisión da televisión local mantivéronse ó empregar un repetidor propio.
A partir do luns nos seus fogares deixarán xa de recibir os servizos de televisión que ata agora viñan recibindo en analóxico, onde só se mantiña esta canle.


Co tránsito á nova tecnoloxía, búscase que, tamén coa TV pública local, todos os cidadáns disfruten dun servizo con maior calidade de imaxe e son e que ofrece novas posibilidades con respecto ao vixente.
A TV pontesa é unha das dúas únicas destas características que acadou a concesión.
Agora deberanse suspender as emisións durante dous días, xoves e venres, para facer a adaptación, anque xa poderán sintonizarnos en probas na canle 21.
A partir do luns, día 19 xa poderán sintonizarnos nese mesmo punto, na canle 21, coas emisións definitivas en dixital, co que a TV local se suma así, logo de case dúas décadas de emisión, á nova era dixital.
A entrada en funcionamento do luns tan só atinxe ó casco urbano, pois as parroquias deberanse ir sumando logo progresivamente, cos conseguintes procesos de adaptación do sinal, e a posta en funcionamento dos reemisores precisos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios