A Biblioteca Municipal das Pontes acolle as xornadas das Letras Galegas organizadas por Hume

104

A asociación de Estudos Históricos Hume vén de presentar o cartel das xornadas que organiza de xeito anual para celebrar o mes da lingua galega, que este ano está adicado ao poeta do Courel, Uxío Novoneyra.
O ciclo de conferencias comezará o vindeiro venres día 23 coa intervención de Esperanza Piñeiro de San Miguel e que falará das lendas na nosa comarca. O venres día 30 será o turno de Bernardo Penabade Rei, que a través da proxección do documental audiovisual “Modelo Burela”, falará do paradigma da comunicación lingüística.
A intervención deste venres 16 tivo que ser aprazada por indisposición do poñente, Juan Permuy Alvariño (D. Juan). A súa intervención versará sobre a ensinanza nas últimas décadas no concello das Pontes.
As conferencias darán comenzo ás oito e media do serán.

Hume Letras Galegas 2010


cartel_hume.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios