COPA GALEGA FEMININA. CD AS PONTES 1 BOIRO 0. AS MÁIS PEQUENAS AÚPANSE Ó LIDERATO NA LIGA COMARCAL

34

Sensacional victoria do equipo feminino na ida dos dezaseisavos de final da Copa Galega, no partido disputado na tarde de hoxe no Campo Anexo do Poboado, no que se impuxo por 1-0 ó Boiro, un conxunto de superior categoría, xa que milita na Primeira Autonómica.
As visitantes formaban un equipo veterán, con experiencia e ben conxuntado, pero non se arredraron as locais, Leti e a liña defensiva estivo a un alto nivel, sensacionais Yaiza, Jani, Silvia e Paula, no medio a contención de Lara, o talento da Capitana, Carlota e Clara, e arriba Paty e Carliña creando perigo.
Comezaban ben as cousas para as locais tras un riguroso penalti no 20´ por suposta man das visitantes dentro da área, penalti que se encargou de transformar Patri Dopico con templanza e maestría. Nos seguintes minutos a propia Patri enviou un centro ó longueiro e á Paty anulouselle un gol en dubidoso fora de xogo.
femenino_A_01.jpg


Nada máis comezar o segundo tempo Leti salvou o empate con un paradón, e o míster Salido foi dando entrada as máis noviñas que tan bo papel están facendo na Liga Comarcal, debutaron Antía e Cris García. Tras una boa xogada Chipy está a piques de marcar no 74´ pero o seu tiro cruzado vaise fora por pouco.
As visitantes buscaron o empate ata o final, incluso deron un susto no desconto, pero o partido rematou co 1-0 e as azuis visitarán Boiro a semana que ven e tratarán de facer boa a renta perante a un bo equipo para enfrontarse ó gran Barbadás nos oitavos de final.
1 CD AS PONTES. Leti, Yaiza, Paula, Jani, Silvia, Lara, Clara (Cris García 69´), Patri (Nato 62), Paty (Chipy 69´), Carlota e Carliña (Antía 62´)
0 BOIRO. Ana (Renata 80), Mila, Cati, Victoria, Aniña, Carol, Marina (Patri 72), Tamara (Olaya 83), Kaneka (Isa 80), Aisha, Verónica.
Campo e incidencias: Campo Anexo de O Poboado. Uns 75 espectadores.
Árbitro: Serrano Naveiras (Ferrol). Amonestou a Antía.
Goles: 1-0, minuto 20, Patri Dopico, de penalti.
femenino_B_01.jpg
No que respecta ó segundo equipo, sensacional triunfo das máis pequenas do equipo pontés ante o ex líder da categoría, o Cariño, que conta cun equipo moito máis veterano, e con tres ou catro xogadoras que serían moi aproveitables na Segunda Autonómica.
Comezaron adiantandose as azuis cun golazo pola escadra de unha sensacional Nato que hoxe estivo pletórica no seu posto de central. Pero ó borde do descanso as visitantes igualaban con outro bontio tanto desde fóra da área, ante o que Jessica, que tivo unha actuación moi completa, non pode chegar.
Mediado o segundo tempo, Chipy engancha unha gran vaselina e anota un auténtico golazo, o seu 5º tanto no que vai de Liga, e inmediatamnte despois Janira sacou petróleo da súa presión pois un desafortunado despexe rebotalle nos pés e acaba no fondo das mallas.
Os dous goles fixeron que as de Cariño se viñeran abaixo, e incluso no tramo final Cris Moirón e Uxía puideron decantar o goal average a favor das azuis, pero os seus diparos marcharon fóra.
O As Pontes marcha líder con 12 puntos por 10 do Cariño, e agora terán un complicado calendario no que resta de Liga xa que terán que visitar ó Ortigueira e Meirás, e recibirán ó Aspirantes, pero esta semana descansarán como líderes.
Salido xogou con 1 Jessica, 2 Cris, 3 Paula, 4 Sabela, 5 Nato, 6 Natalia, 7 Cris Moirón, 8 Janira, 9 Paula “Chipy”, 10 Andrea, 11 Antía e 12 Uxía.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF.
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_A_01.jpg
femenino_B_01.jpg
femenino_B_01.jpg
femenino_B_01.jpg
femenino_B_01.jpg
femenino_B_01.jpg
femenino_B_01.jpg
femenino_B_01.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios