LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 3 CONXO 3

30

Doloroso empate dos ponteses ante o equipo que ata o día de onte era o co-líder da categoría, o Conxo, que xa matemáticamente militará na División de Honra do fútbol xuvenil o ano que vén.
Comezaron adiantandose os santiagueses, pero un gran gol de falta de Cañizares e outro de Abeás cabeceando unha falta botada por Chus deron a volta ó marcador. O propio Abeás puido ampliar a ventaxa pero o seu tiro marchou ó poste.
cd_aspontes_01.jpg


Tralo descanso, os santiagueses buscaron a igualada, pero foi outra vez Cañizares, quen mediado o segundo tempo, marca un bonito gol de vaselina, unido a un paradón de Iván que evitou que os santiagueses acurtaran distancias.
Pero cando quedaban apenas 5 minutos para o final e xa se contaba coa victoria, nunha gran xogada os santiagueses conseguían o 3-2. Este tanto meteu o medo no corpo ós locais, pois pouco despois un xogador rival queda so, Iván despexa como pode co corpo, o balón queda morto sen que ningún xogador azul acerte a despexar, e aproveitao o dianteiro visitante para anotar o empate. Instantes despois, o colexiado pitou o final.
En definitivia, ó xuvenil pontés quedalle un regusto amargo no que non deixa de ser un brillante empate ante un dos mellores equipos da categoría.
A boa nova chegou hai uns minutos coa salvación en División de Honra do Rápido de Bouzas en detrimento do Real Oviedo. Polo tanto descenden á Liga Nacional o Lugo e o Pabellón Ourense (que arrastra ó seu equipo B á Liga Galega), o que provoca que na Liga Nacional so descendan tres equipos e os azuis atópanse agora mesmo en duodécima posición con 35 puntos, a 11 do descenso, cando so quedan 5 partidos por disputar.
Carballo xogou con Iván, Antón, Carlos, Toti, Juan, Abeás, Borja, Xabi, Jandro (Cristian 68), Chus Cañizares e Kilian (Tara 60).
A próxima semana visitará o Poboado o líder Deportivo de A Coruña
Pola súa banda tamén xogou o equipo xuvenil B, que mellorou moito nesta segunda volta e agora está en oitava posición con 32 puntos. Gañaron 2-0 ó Racing San Pedro con dous golazos de Fernando. Marcos sacou de inicio a Alex, Isma López, Hugo, Samu, Diego, Guille, Fernando, Chungui, Gogas, Manu e Amadi.
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
cd_aspontes_01.jpg
Nova cortesía de AF e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios