A ESCOLA INFANTIL A BAROSA LOGROU O DOBLETE NO V MARATÓN DE FÚTBOL SALA DAS ANPAS DE AS PONTES

55

Con gran éxito de organización, participación e asistencia de público celebrouse esta fin de semana a quinta edición do maratón de fútbol sala das Anpas dos colexios das Pontes proclamándose campións os dous conxuntos das escola infantil A Barosa. En total participaron uns cento cincuenta xogadores e xogadoras repartidos en nove equipos de homes e sete de mulleres disputándose un total de 31 partidos dende a tarde do venres ata o domingo ó mediodía, no que se celebraron as finais das dúas categorías.
Na categoría masculina clasificáronse para a final os campións de cada grupo, Moncho Valcarce e A Barosa, equipo que foi o vencedor ó gañar por catro goles a un, tantos marcados por Pedro (2), Iván e Lozano, para A Barosa, sendo Bruno o autor do gol do Moncho Valcarce.
En categoría feminina chegaron ás semifinais os dous equipos do Monte Caxado, ademais de Castro da Uz e A Barosa. Na primeira semifinal entre Monte Caxado A e Castro da Uz o resultado final foi de empate a cero goles, gañando na quenda de penaltis (2-0) o Castro da Uz. Na outra semifinal A Barosa gañou por un solitario gol (1-0) a Monte Caxado B. Na final, que estivo moi igualada ó igual que o resto dos partidos, A Barosa obtivo o título ó gañar por 2-0 a Castro da Uz, goles marcados por Estefanía Urueña e Mónica Carballeira.
maraton_anpas_01.jpg


Como queda sinalado, éxito de organización e participación nesta quinta edición, na que o público gozou vendo a pais, nais, mestres/as e profesores/as tentando facelo o mellor posible. Os asistentes quedaron sorprendidos pola calidade e o esforzo físico que amosaron a gran maioría dos xogadores e xogadoras, pese a que unha boa parte apenas tivo tempo para adestrar. Soamente salientar unha leve escordadura no pé dereito dunha xogadora do Moncho Valcarce. O resto, algún que outro golpe, maniotas, pero, todos satisfeitos de haber participado nestes tres días de convivencia entre pais, nais, mestres/as e profesores/as dos distintos colexios das Pontes, xornada que rematou cun xantar de confraternidade nunha carpa instalada ó pé do pavillón municipal da Fraga.
Con anterioridade o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, e a concelleira de cultura e deporte, Eva Conde, fixeron entrega dos trofeos ós galardoados.
RESULTADOS CATEGORÍA MASCULINA
PRIMEIRA FASE
GRUPO A
A Fraga A – Castro da Uz (2-1)
Moncho Valcarce – Monte Caxado A (1-0)
A Fraga A – A Magdalena (3-1)
Castro da Uz – Monte Caxado A (2-2)
A Fraga A – Monte Caxado A (0-4)
Moncho Valcarce – A Magdalena (3-0)
Castro da Uz – Moncho Valcarce (1-3)
Monte Caxado A – Magdalena (4-1)
A Fraga A – Moncho Valcarce (0-4)
Castro da Uz – A Magdalena (0-2)
CLASIFICACIÓN (ptos)
Moncho Valcarce 9
Monte Caxado A 7
A Fraga A 6
A Magdalena 3
Castro da Uz 1
GRUPO B
Monte Caxado B – A Fraga B (1-2)
Santa María – A Barosa (1-4)
Monte Caxado B – Santa María (0-5)
A Fraga B – A Barosa (1-4)
Monte Caxado B – A Barosa (0-1)
A Fraga B – Santa María (2-2)
CLASIFICACIÓN (ptos)
A Barosa 9
A Fraga B 4
Santa María 4
Monte Caxado B 0
FINAL
A Barosa – Moncho Valcarce (4-1)
RESULTADOS CATEGORÍA FEMININA
PRIMEIRA FASE
GRUPO A
A Fraga – A Barosa (0-0)
Monte Caxado A – Santa María (0-0)
A Fraga – Monte Caxado A (0-0)
A Barosa – Santa María (2-0)
A Fraga – Santa María (0-1)
A Barosa – Monte Caxado A (0-1)
CLASIFICACIÓN (Ptos)
Monte Caxado A 6
A Barosa 4
Santa María 4
A Fraga 2
GRUPO B
Monte Caxado B – Castro da Uz (0-0)
Castro da Uz – Moncho Valcarce (1-0)
Monte Caxado B – Moncho Valcarce (1-0)
CLASIFICACIÓN (Ptos)
Monte Caxado B 4
Castro da Uz 4
Moncho Valcarce 1
SEMIFINAIS
Monte Caxado A – Castro da Uz (0-0) (p 0-2)
A Barosa – Monte Caxado B (1-0)
FINAL
Castro da Uz – A Barosa (0-2)
FINAL DE CULLER MULLERES
A Fraga – Moncho Valcarce (0-0) (p 0-1)
FINAL DE CULLER HOMES
Castro da Uz – Monte Caxado B (3-0)
PREMIOS
CAMPIÓN HOMES A BAROSA
SUBCAMPIÓN HOMES MONCHO VALCARCE
CAMPIÓN MULLERES A BAROSA
SUBCAMPIÓN MULLERES CASTRO DA UZ
CULLER HOMES (derradeiro clasificado) MONTE CAXADO B
CULLER MULLERES (derradeiro clasificado) A FRAGA
DEPORTIVIDADE HOMES CASTRO DA UZ
DEPORTIVIDADE MULLERES A FRAGA
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
maraton_anpas_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios