LIGA NACIONAL XUVENIL. CD AS PONTES 0 DEPORTIVO DE A CORUÑA 3.

63

Victoria do segundo equipo xuvenil do Deportivo no partido disputado na tarde de hoxe ante o As Pontes. Moi rápido se adiantaron os coruñeses con un golazo pola escadra e logo con dous bos contragolpes propios do líder da categoría sentenciarion o partido.
No segundo tempo os locais quixeron agradar e buscar o gol da honra pra satisfacer o máis dun centenar de espectadores. Destacar o rapidísimo Kilian por banda, algunha parada de Iván e a excesiva expulsión de Carlos nos últimos minutos por parte do colexiado ferrolán Iglesias Villanueva, moi exixente cos equipos ponteses.
futbol_1.jpg


Carballo alineou a Iván, Antón, Carlos, Juan, Abeás, Tara, Borja, Xabi, Jandro, Cañizares e Fernando. Na segunda metade entraron Cristian, Kilian e Guille.
O As Pontes sigue mantendo os 10 puntos de ventaxa con respecto ó descenso á espera do que faga mañá o Montañeros B. Quedanlle dúas complicadas visitas, ó ascendido Calasancio, e ó quinto, Sárdoma, e recibirá ó colista Choco e o xa salvado Lalín na última xornada. Convén conseguir tres ou catro puntos nestas últimas catro xornadas para garantir a salvación.
No campo puidose ver ó xogador do Deportivo de Primeira División, Juan Domínguez, fillo do ex xogador do Endesa, Juanma, defensa que militou no cadro pontés a mediados dos 80.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg
futbol_1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios