DOUS PONTESES CONTRA A SELECCIÓN DE A CORUÑA

60

Os futbolistas xuvenís do CD As Pontes, Francisco Prieto Chao “Toti” e “Isma” López Álvarez foron convocados para o encontro que as seleccións ferrolás desputarán este vindeiro mércores nos campos de Meicende.
Despois de dous empates a un ante coruñeses e lucenses este será o terceiro encontro da selección departamental, que despedirá a competición a próxima semana na Gándara ante a selección de Lugo, tentando conseguir unha difícil plaza na final.


Non o terán nada fácil, a pesar de que dentro dos grandes equipos que presentan sempre os coruñeses, nesta ocasión non poderán contar cos dous internacionais, o extremo o Iago Beceiro e o central Uxío Marcos.
Un Uxío que estes días está concentrado coa selección en Las Rozas. O central herculino tentará ser un dos 18 elexidos que acudan con España ó 28º Campionato de Europa sub17 a desputar en Liechtenstein do 18 ó 30 de Maio, torneo no que España tentará gañar o seu noveno título.
As tres convocatorias son:
Selección Ferrol Sub17:
Racing de Ferrol: Diego Bañobre, Pedro Garrote, Diego Fernández, Adrián Priegue, Jesús Peña, Ignacio Paz.
Galicia de Caranza: Ismael Pedreiro, Alejandro Amil, Boris Pico, Manuel Sánchez, Ismael Romero.
CD As Pontes: Francisco Prieto, Ismael López.
Cebarca: Ismael Prieto.
Eume: Óscar Ares.
O Val: Iván Baamonde.
Selección Ferrol Sub15:
Racing de Ferrol: David Rodríguez, Pablo Gayoso, Martín Hendrix, Martín San Claudio.
Galicia Caranza: Antonio Iglesias, Kevin Muiño, Alejandro Durán, Pablo Pernas.
Portuarios: Ángel Villar, Adrián Patiño, David López, Aitor Díaz.
Cedeira: Daniel Rodríguez, Antonio Rodríguez.
Eume: Francisco Seijas.
Narón: Borja Moreira
Selección Ferrol Sub12
Galicia Caranza: Aaron Rey, Javier Miragaya, Carlos Leal.
Meirás: Hugo Baamonde, Francisco Ramos, Borja Alvariño.
Racing Ferrol: Borja Freire.
Ánimas: Unai García.
Eume: Sergio Montero.
Galicia Mugardos: Joao Pedro.
Numancia: Carlos Vázquez.
San Sadurniño: Francisco Casas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios