FÚTBOL SALA: PRIMEIRA NACIONAL “B”: O ESTEO FS – REDONDELA (5-3)

70

O Esteo non tivo problemas para alzarse cos tres puntos ó impoñerse ó pechacancelas, Redondela, nun partido que non tivo un gran xogo, e que en momentos aburriu ós pouco máis dun cento de espectadores que acudiron ó pavillón municipal da Fraga.
Como ben sucedendo ó longo da temporada, comezaron adiantándose no marcador os visitantes; pero, Fran, en dúas ocasións, Diego e Anxo puxeron o 4-1, resultado co que se chegou ó descanso. Todo facía pensar nunha goleada dos ponteses. Sen embargo, no segundo tempo o xogo decaeu moito, houbo relaxación dos xogadores do Esteo e o partido pasou por momentos de aburrimento. Os locais marcaron un só gol por mediación de Gerardo mentres que os redondeláns anotaron dous tantos nos minutos finais do encontro para establecer o definitivo resultado de 5-3. A vindeira fin de semana dispútase a 21ª xornada que fora aprazada polo temporal. O Esteo xoga na pista do Bueu.
esteo_1.jpg


O ESTEO FS: Javichu, Diego, Anxo, Fran, Juan –cinco inicial- Noé, Rubi, Gerardo, David, Pellón e Roi.
REDONDELA FS: Jorge, Diego, Manoliño, Borja, Iván –cinco inicial- Juan, Gompi e Santi.
ÁRBITROS: Ruano Melón e Martín Vez, de Ferrol. Amoestaron a Anxo, do Esteo, e a Juan e Santi, do Redondela.
GOLES: Min. 3 (0-1), Manoliño. Min. 7 (1-1), Fran. Min. 16 (2-1), Diego. Min. 17 (3-1), Fran. 20 (4-1), Anxo. Min. 24 (5-1), Gerardo. Min. 34 (5-2), Gompi. Min. 39 (5-3), Santi.
esteo_2.jpg
esteo_3.jpg
esteo_4.jpg
esteo_5.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios