TORNEO INTERCOMARCAL ESCOLAR DE FÚTBOL SALA – ZONA DE FERROL

253

Este domingo celebrouse nos pavillóns ponteses de A Fraga, Monte Caxado e A Magdalena o Torneo Intercomarcal Escolar de fútbol sala. As categorías a disputar eran benxamín mixto, alevín e infantil masculino e infantil feminino.
Nos máis pequenos a victoria final correspondeu ó equipo ferrolán do Roiba que venceu ó Santa María 11-3 e ó EDM Curtis 4-3. Os de Abeás conseguiron a segunda posición tras derrotar ós de Curtis por 4 a 1.
Na categoría alevín o vencedor foi o Cidade de Narón, un gran equipo que reúne a varios dos mellores xogadores da comarca. A destacar os seus futbolistas Hugo Baamonde (Meirás) e Iago Novo (Perlío), irmán pequeno de Marcos, que esta semana adestraron coa selección galega de fútbol 7. Venceron ó Alameda Xario Miño por 3-1 e ó Santa María por 9-0. Os de Miño acadaron o segundo posto tras empatar a 0-0 cos de Santa María, nun encontro no que na segunda metade destacaron as paradas de Iván que salvaron un valioso punto. Deuse o caso anecdótico da presencia no equipo de Miño de dous ex futbolistas do CD As Pontes, os irmáns Daniel e David Pájaro.
torneo_01.jpg


En categoría infantil sorprendeu o EDM Curtis que se alzou co triunfo tras gañar ó Roiba (4-3) e ó Castro da Uz (4-1). Os ferroláns acabaron segundos tras vencer ó equipo local dirixido por Pepe 4-1, no que haía varios xogadores do brillante conxunto infantil do CD As Pontes.
A alegría local chegou da man do cadro feminino infantil do Castro da Uz, que se impuxo ó CD Comarca Lambre-Mandeo de Betanzos por 3 goles a 1, tras remontar na segunda metade o gol inicial das betanceiras, no que habería que destacar a habilidade da número 7 e da número 15. Pero dous tantos de Mireia Cabarcos (que atesora o mesmo talento que o seu irmán Alex, capitán do equipo cadete) e un de Lia outorgaron o título ás locais nun partido vibrante con tiros ós postes por ambos bandos e varias boas intervencións das dúas gardametas. As infantís auguran o relevo no fútbol feminino pontés.
RESULTADOS FASE INTERCOMARCAL DE FÚTBOL SALA – ZONA FERROL –
Benxamín Mixto
Roiba FS Ferrol 4 EDM Curtis 3
AD Santa María 4 EDM Curtis 1
Roiba FS Ferrol 11 AD Santa María 3
Alevín Masculino
Cidade de Narón 3 Alameda Xario Miño 1
AD Santa María 0 Alameda Xario Miño 0
Cidade de Narón 9 AD Santa María 0
Infantil Masculino
EDM Curtis 4 Roiba FS Ferrol 3
Roiba FS Ferrol 4 IES Castro da UZ 1
EDM Curtis 4 IES Castro da Uz 1
Infantil Feminino
IES Castro da Uz 3 CD Comarca Lambre-Mandeo Betanzos 1
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
torneo_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios