FOLIADA DE ABRIL 2010

114

Nesta ocasión os encargados de organizala somos nós, Muxarega, traendo como invitados a Estimaba que Viñeras, grupo folk que ven de San Xoán de Mugardos.
A Foliada comenzará a partires das 22:30 hs., como ven sendo habitual, actuando en primeiro lugar Muxarega para logo dar paso á forza de gaitas e guitarras eléctricas de Estimaba que Viñeras.
A música de Estimaba que Viñeras é unha mestura de pezas de gaita tradicionais, do poemario galego e propio, con un toquiño blues que lle aporta caracter á nosa festa. Os compoñentes do grupo veñen de distintos estilos musicais o que lle aporta diversidade ó seu repertorio.
Pero ante todo son un grupo de amigos que gustan da música do pais, á cal queren aportar o seu gran de area.
foliada.jpg
E despois dos concertos, festa rachada ata caer de cú.
Animamos a todo o mundo a asistir con algún instrumento baixo o brazo, preparado para “disparar” en calquera momento; e que as cantareiras e cantareiros imprescindibles nestas foliadas no nos fallen e traian as gorxas ben afinadas co mellor licor café do país.


foliada_cartel.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios