REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 1 XOVE LAGO 1. OS POSTES E UN MÁIS QUE DISCUTIBLE PENALTI APLAZAN O ASCENSO DOS LOCAIS.

132

Unha semana máis terá que agardar polo soñado ascenso do As Pontes tralo empate a un rexistrado no encontro disputado hoxe no Campo do Poboado. Os futbolistas locais adiantaronse pouco antes de irse ó descanso, tras un cabezazo de Manel a saque de córner (41´). E na segunda metade incluso Adriano puido sentenciar no 55´. Pero os nervios propios da cita fixeron que hoxe ó As Pontes non tivese o seu día máis atinado, aínda así bastaríalle para ascender se non fose porque no minuto 83´ o árbitro sinalou un penalti máis que dubidoso tras caer Perlero dentro da área, penalti que se encargou de transformar ben Chusky. Pero hoxe non era a tarde dos locais, pois no 89´ Parada envía ó balón ó longueiro e no 92´ foi Alex Díaz o que tamén estrelou o balón ó travesaño. A falta de tres xornadas, As Pontes e Mesón do Bento suman 77 puntos, Dorneda 69 e Betanzos 68. Os azuis visitarán ó Noia a semana que vén. Con una victoria conseguirían asegurar a presencia na Terceira División Galega.
As-Pontes-Xove-Lago-1.jpg


1 CD As Pontes. Kiko, Esmorís, Álvaro, Chote, Manel, Dani, Iván González, Jorge Parada, Adriano, Bossa, Suso Peña (Alex Díaz 73).
1 Xove Lago. Rubén, Rivas (Luchy 79), Félix, Álvaro, Seco, Antonio, Chusky, Felipe, Perlero (Jaime 89), Tonito (Rubio 55), Dani (Prosi 92).
Goles: 1-0, Manel, minuto 41. 1-1, Chusky, de penalti, minuto 83.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, a mellor entrada do ano, uns 500 espectadores en tarde por momentos chuviosa. Partido correspondente á 35ª xornada.
Árbitro: Gallego Hernández (A Coruña). Auxiliado por Patricia e Antonio.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago
As Pontes - Xove Lago

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios