Borja Prieto consigue dous meritorios bronces na Copa de España

148

O palista pontés Borja Prieto Valera conseguiu esta fin de semana en Verducido dúas medallas de bronce en K1 e K4 na distancia de 500 metros nas regatas correspondentes á segundo xornada da Copa de España.
Na xornada do sábado obtivo un excelente resultado na contrareloxo do K1 na que quedou segundo tan so por detrás do subcampión de Europa Javier Hernanz, terceiro foi Jovino González. Xa na rolda de semifinais venceu na súa serie quedando por diante do campión olímpico Saúl Craviotto, sen embargo o ilerdense “vingouse” gañando a regata final (1:40:32) por diante de Hernanz (1:40:99) e Borja (1:41:18).


Na proba do domingo o K4 de Jaime Acuña, David Portela, Fabio Batista e Borja Prieto gañaron a súa serie e obtiveron un gran terceiro posto na final con 1:24:84, ademáis contando con que Saúl non competiu ó ter molestias. Primeiro foi o Kaiak Tudense de Jovino González, Joan Ardit, Diego Piña e Víctor Rodríguez, 1:23:31, e segundo o Aldán de Rodrigo Tiebo, Nicolás Dono, Rodrigo Germade e Roberto Abal, 1:23:43.
Por equipos venceu o Kaiak Tudense con 865 puntos, por diante de As Torres de Catoira, 600, e RCN Palma, 295. O Club Piraguamadrid logrou un brillante 5º posto, con 277 puntos
A próxima fin de semana Borja competirá internacionalmente en Vichy na Copa do Mundo e compartirá k4 con Emilio Llamedo, Jovino González e Rodrigo Germade.
Pola súa banda o canoísta de Pontedeume Yeray Picallo, que foi 2º na contrareloxo, acabou 4º en C1, e bronce en C4, formando con Basilio Pena, Miguel Soro e André Oliveira. Conseguiu o ouro no C2 formando parella con André e facendo un tempo de 1:43:73. O clube de Pontedeume acabou 8º con 266 puntos.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios