Ismael López convocado para o derradeiro encontro da selección de Ferrol

99

O lateral dereito Ismael López é o único representante pontés no último partido que disputará a selección departamental no Trofeo Caixa Galicia.
As seleccións ferroláns alevín sub12, cadete sub15 e xuvenil sub17 xogarán este próximo mércores ante a selección de Lugo no Campo de A Gándara.
Hai que lembrar que a semana pasada os diversos equipos xogaron contra A Coruña perdendo os seus compromisos, xuvenil (6-0), cadete (4-0) e alevín (4-2), co que este será o derradeiro partido para as tres seleccións.


A convocatoria sub17 é a seguinte:
Racing de Ferrol: Diego Bañobre, Pedro Garrote, Diego Fernández, Adrián Priegue, Ignacio Paz, Jesús Peña.
Galicia de Caranza: Ismael Pedreiro, Alejandro Amil, Boris Pico, Ismael Romero.
CD As Pontes: Ismael López
Cebarca: Ismael Prieto
Eume: Óscar Ares
Rápido de Neda: Yon Badiola
Portuarios: Yosu Mbae
O Val: Iván Baamonde.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios