Borja Prieto finaliza séptimo na Copa do Mundo

28

O K4 español integrado por Borja Prieto, Jovino González, Rodrigo Germade e Emilio Llamedo, finalizaou en séptima posición na final do K4 disputada hai uns minutos en augas de Vichy.
Moi bo sabor de boca deixaron onte tralo gran rendemento nas semifinais, pero é un moi bo resultado tendo en conta que é un barco experimental.
Gañou, como non, o cuarteto alemán composto por Gross, Brockl, Bertz e Wieskotter, segundo quedou a embarcación rusa de Lyapunov, Anoshkin, Vasilyev e Vishnyakov, e terceiros foron os bielorrusos Piatrushenka, Alalmasau, Litvinchuk, Makhneu, que xa no pasado mundial de Darmouth acadaron un bo botín de medallas. Cuartos foron os franceses, quinto Australia, sexto Chequia, oitavo Polonia e novena a segunda embarcación gala.


O tempo dos gañadores doi de 2:48:02, namentres que os españois entraron con 2:52:71.
Na xornada da mañá dúas medallas para España con sabor galego, plata do K4 500 feminino composto polas canguesas Teresa Portela e Sonia Molanes, a andaluza Beatriz Manchón e a asturiana de ascendencia checa, Jana Smidakova. O tudense Jose Luis Bouza logrou un meritorio bronce en C1 1000 metros e Javier Hernanz foi 8º en K1 1000.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios