FÚTBOL SALA – PRIMEIRA NACIONAL “B”: VIANA DO BOLO – O ESTEO FS (3-7)

58

Triunfo esperado do Esteo na vila ourensá de Viana do Bolo (3-7). Ó descanso o marcador rexistraba empate a un gol. Un cento de espectadores nas gradas do polideportivo municipal de Viana do Bolo
O encontro entre ponteses e vianeses tivo dúas fases distintas cun primeiro tempo moi igualado e un segundo período totalmente dominado polo Esteo gañando con claridade tres punto importantes de cara ó ascenso á Primeira Nacional A como mellor segundo clasificado dos grupos galego, asturiano e castelán-leonés, xa que o título de liga é para o Casas Brulak, de Outeiro de Rei. Un ascenso que poden asegurar na derradeira xornada de liga no derbi contra o Unidade de Fene, que nesta xornada perdeu na casa (4-5) diante do Viveiro-Porto de Celeiro.


VIANA DO BOLO: González, Ángel, José, Juan, Marcos –cinco inicial- Emilio.
O ESTEO FS: Javichu, Anxo, David, Noé, Rubi –cinco inicial- Gerardo, Roy e Juan Canosa.
ÁRBITROS: Araújo Vázquez e Calviño Cid, de Ourense. Amoestaron a Juan e Marcos, do Viana do Bolo, e a Noé e Rubi por parte do Esteo.
GOLES: Min. 3 (1-0), Juan. Min. 11 (1-1), Rubi. Min. 21 (1-2), Noé. Min. 22 (1-3), Rubi. Min. 27 (1-4), Juan Canosa. Min. 28 (2-4), Juan. Min. 29 (2-5), Noé. Min. 34 (2-6), Roy. Min. 36 (2-7), Roy. Min. 38 (3-7), Ángel.
Nova cortesía de A.F

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios