FÚTBOL VETERANO AS PONTES: CAMPIONATO DE COPA

34

Terceira xornada da competición de copa de fútbol veterano na que o máis destacable foi a goleada de Farmavida sobre o campión de liga, Construcións Guerreiro, que afrontou o encontro con tan só seis xogadores, debido ás numerosas baixas. Mobles Eume goleou a La Galaxia e As Pontes 74 logrou a súa primeira vitoria a costa de Mmypen. Neste grupo B loitan polas dúas prazas para semifinais Farmavida, Mobles Eume, os dous con sete puntos, seguidos de Construcións Guerreiro, con seis puntos, xa un pouco máis distanciados As Pontes 74 e MMYPEN, con tres puntos, e sen opcións La Galaxia.
No grupo A o Santaballés gañou pola mínima a Frutas Luis e A Cepa a Los Bidones. Encabeza o grupo Santaballés con seis puntos, seguido de Xuntanza e A Cepa, con catro puntos, pechando a clasificación Frutas Luis e Los Bidones cun punto cada un.
Quedan aprazados os partidos da cuarta xornada que se ían xogar o sábado, 15 de maio, por mor de que á mesma hora dispútase no Poboado o transcendental choque na loita polo título de liga entre o CD As Pontes e o Mesón do Bento, os dous equipos xa ascendidos á Terceira División.
veteranos_01.jpg


RESULTADOS 3ª XORNADA
A Cepa – Los Bidones (3-1)
Const. Guerreiro – Farmavida (0-4)
Santaballés – Frutas Luis (3-2)
La Galaxia – Mobles Eume (0-5)
As Pontes 74 – MMYPEN (4-2)
Descansou: Xuntanza
CLASIFICACIÓNS
GRUPO A
1º Santaballés 6
2º Xuntanza 4
3º A Cepa 4
4º Frutas Luis 1
5º Los Bidones 1
GRUPO B
1º Farmavida 7
2º Mobles Eume 7
3º C. Guerreiro 6
4º As Pontes 74 3
5º MMYPEN 3
6º La Galaxia 3
4ª XORNADA (15/16-Maio-2010)
Xuntanza – Frutas Luis (aprazado)
C. Guerreiro – La Galaxia (aprazado)
As Pontes 74 – Farmavida
Santaballés – Los Bidones
MMYPEN – Mobles Eume
Descansa: A Cepa
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
veteranos_01.jpg
Nova cortesía A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios