CLUB DEPORTIVO AS PONTES: RESULTADOS DA FIN DE SEMANA

46

Xornada case redonda dos distintos equipos do CD As Pontes, pois o primeiro equipo da preferente autonómica certificou, a falta de dúas xornadas para o final, o ascenso á Terceira División, logo do seu triunfo en Noia, tras intentalo no Poboado unha semana antes diante do Xove Lago. Os ponteses retornan á cuarta categoría nacional, na que militou en doce ocasións e despois de oito temporadas consecutivas na preferente.
Este sábado, 15 de maio, no Poboado, o CD As Pontes e o Mesón do Bento, tamén ascendido á terceira división (por primeira vez na súa historia), disputarán un importante partido, que pode ser decisivo para o título de liga. Ó As Pontes só lle vale gañar e logo lograr un punto no derradeiro partido en Sada ou o resultado que consiga o Mesón do Bento na casa diante do Flavia. A entrada do partido deste sábado (19,00) e gratuíta e haberá sorteo de agasallos ó descanso para a xente máis nova.
Tamén salientar o triunfo do equipo xuvenil perante o Choco, o que lle dá matematicamente a permanencia na categoría nacional unha temporada máis, e o título de liga do equipo infantil e a súa clasificación para disputar a fase de ascenso á Liga Galega.
futbol_01.jpg


PREFERENTE AUTONÓMICA (36ª xornada)
NOIA CF – CD AS PONTES (0-2)
(Adriano e Bossa)
O CD As Pontes ascendeu á Terceira División
O sábado 15 (19,00h) transcendental partido no Poboado contra o Mesón do Bento, no que se pode decidir o título de liga. Entrada gratuíta e durante o partido haberá sorteo de agasallos
XUVENIL LIGA NACIONAL (32ª xornada)
CD AS PONTES – CD CHOCO (3-1)
(Cañizares, Borja e Fernando)
O CD As Pontes permanece na liga nacional
XUVENIL LIGA COMARCAL
NUMANCIA DE ARES – CD AS PONTES B (0-2)
LIGA COMARCAL FEMININA F-8
FC ORTIGUEIRA – CD AS PONTES B (2-2)
(Paula e Carlota)
INFANTIL (Fase de clasificación ascenso)
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES (2-2)
(Diego e en propia meta)
O CD As Pontes proclamouse campión de liga e clasificouse para a fase de ascenso á liga galega
ALEVIN (copa)
CD AS PONTES A – RACING FERROL D (3-1)
(Raquel, Iván e Álex Blanco)
SDR CANIDO – CD AS PONTES B (0-8)
(Josiño, 2, Jorge, 2, Alejandro, Adrián, Pedro e Andrés)
BENXAMIN (liga)
RACING FERROL E – CD AS PONTES A (3-7)
(Alberte, Eloy, Bruno,2, Diego Criado, Manu e Sergio Otero)
PREBENXAMIN (copa)
CD AS PONTES – NARÓN BP PIÑEIROS B (2-14)
(Joan,2)
Descansaron nesta xornada os equipos cadete e prebenxamín A. O benxamín B xoga este xoves 13 contra o Racing de Ferrol D. O As Pontes feminino A rematou a temporada quedando en quinta posición na liga.
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios