Nota de Prensa BNG : O PLENO APROBA TÓDALAS MOCIÓNS PRESENTADAS POLO BNG.

39

As referidas a garantir a cobertura total da TDT e ás actuacións urxentes no proxecto do lago-escombreira tiveron o respaldo dos tres grupos políticos.
No Pleno Ordinario do mes de maio, o BNG presentaba 5 mocións referidas ao apoio á manifestación do día 17 de maio na defensa do galego, contra a supresión do Servizo Galego de Igualdade, de solicitude de retirada do documento sobre da Ordenación do Litoral, para instar á Xunta a garantir a cobertura total da TDT, e unha para actuacións mínimas no lago-escombreira. Todas elas superaron o trámite plenario.
Subliñar a relativa ao proxecto do lago-escombreira, que contou co respaldo do PSOE e do PP, sendo aprobada por unanimidade.


No texto expositivo o BNG criticaba, unha vez máis, a actitude dos responsábeis políticos, nomeadamente os gobernos da Xunta e do Concello, en contraste coa actividade continúa de iniciativas e propostas do BNG.
Coas actuacións necesarias e urxentes enunciadas polo BNG preténdese impedir ou minimizar situacións actuais que condicionen ou limiten o desenvolvemento futuro dos posíbeis usos e aproveitamento do lago e da escombreira.
Coa moción do BNG ínstase á empresa propietaria das liñas de transporte eléctrico á súa retirada, cambio e/ou soterramento, ao Concello ao acondicionamento do vertedoiro de inertes, e á Xunta a prestar a necesaria e obrigada colaboración, técnica e económica.
A súa execución debería coincidir coas das obras anunciadas por Endesa de acondicionamento da zona de praia.
So falta que, ademais de apoiar a moción, o PSOE cumpra o acordado.
As Pontes, 12 de maio de 2010
Asemblea Local do BNG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios