OS FEROCES DA GALGUEIRA, A MÚSICA TRADICIONAL ESTÁ DE MODA

723

O xa de por sí fructífero panorama da música tradicional en As Pontes, vaise enriquecer aínda maís este vindeiro sábado co estreo de Os Feroces da Galgueira, nun concerto que comezará a partir das 20:00 hs no Auditorio Cine Alovi, e que está incluído dentro da programación das Letras Galegas do Concello de As Pontes.
FEROCES_DA_GALGUEIRA.jpg


Os Feroces está formado por seis mozas e mozos de As Pontes, con amplia experiencia na música do país, vinculados tamén a outras entidades musicais, e que buscan con esta agrupación manter o seu instinto máis tradicional.
Sara López, Marcos Freire “Muiños” e Carolina Leal ás gaitas; Andrés Penabad ó acordeón; e Luis Pita e Miguel Ferreiro á percusión son os máis Feroces de toda a redonda. E para esta primeira ocasión contarán cun padriño de luxo: o mestre gaiteiro Xoán Carlos Rilo, que asemade exerce de director musical do conxunto.
O primeiro repertorio preparado para o seu debut consta de doce pezas, parte de elas do repertorio tradicional e outras de autor, destacando entre estas últimas as propias de Xoán Carlos Rilo e as de seu pai Xosé Ramón Rilo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios