PARTIDO DE RIVALIDADE ENTRE O ESTEO E O UNIDADE DE FENE

74

O Esteo FS xoga mañá sábado un importante partido de cara a un posible ascenso á Primeira Nacional A. Coa segunda praza asegurada, o conxunto pontés necesita os tres puntos para optar a ese ascenso por ser o mellor segundo clasificado dos grupos galego, asturiano e castelán-leonés. Os ponteses necesitan vencer ó Unidade de Fene, equipo que non se xoga nada neste derradeiro partido de liga de primeira nacional B, pero que seguro ven a As Pontes con gañas de ofrecer un bo partido, polo que o choque promete ser interesante e espérase unha boa presenza de afeccionados ponteses e feneses.
O encontro a disputar no pavillón municipal da Fraga adiante o seu horario para as cinco da tarde (17,00) para non coincidir co As Pontes-Mesón do Bento que comeza ás sete da tarde. A entrada é gratuíta.


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios