A futbolista pontesa Raquel Béjar Castro convocada pola selección de Ferrol Alevín

614

A futbolista do equipo alevín A do CD As Pontes Raquel conseguiu un fito histórico para o fútbol feminino pontés tras ser convocada para uns adestramentos da selección ferrolá AFACO (Asociación de Fútbol Afeccionado da Comarca de Ferrolterra).
Raquel, nacida o 30 de xaneiro de 1998, xa leva varios anos nas categorías inferiores do CD As Pontes, e é un dos pilares do equipo Alevín A co que marcou moitos goles esta tempada.
Os adestramentos levaranse a cabo en San Sadurniño o vindeiro martes 18 ás 19:00 horas.
raquel.jpg


Os xogadores convocados polo seleccionador ferrolán alevín, Jose Manuel, técnico do San Sadurniño, son os seguintes:
San Sadurniño: Miguel Casas, David Varela.
Amistade Meirás: Pablo Casás
Barallobre: Alejandro Braojos
Cariño: Jose Andrés Yáñez
Cedeira : Santi Hermida
Eume : Sergio Montero
Galicia Mugardos : Joao Pedro
Narón BP : Gabriel Cobelo
Numancia : Carlos Vázquez
Ortigueira : Unai Martínez
O Val : Sergio Roca
Rápido de Neda : Lucas
CD As Pontes: Raquel Béjar
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios