O ROUPAR ASCENDEU Á SEGUNDA AUTONÓMICA

464

O equipo da parroquia xermadesa de Roupar, duns 400 habitantes e preto das Pontes, logrou esta temporada o ascenso á Segunda Autonómica nun ano no que no conxunto verde houbo unha total renovación, pois o Club estivo a piques de desaparecer, debido ós problemas dos últimos anos no que o equipo pasou da primeira á terceira autonómica. Entrou unha nova directiva e renovouse o corpo técnico e a práctica totalidade do plantel do equipo.
Ó principio de liga ninguén do Club se marcaba como obxectivo o ascenso de categoría, pero segundo ía transcorrendo o campionato xa se pensaba nas posibilidades do equipo nesta liga. O Roupar colle o liderato na novena xornada, posto no que se mantén ata o final. Logra 55 puntos, cinco sobre o segundo, o Cospeito, e nove por enriba do terceiro clasificado, Celta Barreiros. Dos 24 partidos disputados neste grupo trece da terceira autonómica, gañou en 17 ocasións, empatou catro e tan só perdeu tres, marcando 54 goles e encaixando 17.
Unha vez rematada a liga inicia a andaina na copa Deputación de Lugo de segunda e terceira autonómicas, eliminando na primeira rolda ó Codesido por 3-2 (1-1 en Roupar e 1-2 en Codesido), equipo que adestra o pontés Lolo Beceiro. Sen embargo, a súa racha veuse truncada este pasado domingo diante do Rioaveso vilalbés, equipo de superior categoría que gañou pola mínima (0-1) nun disputado encontro e cunha arbitraxe que foi moi protestada polos case cen espectadores que se deron cita no campo Novo de Roupar.
roupar_1.jpg


Preside a entidade Víctor Ares, que rexenta un coñecido restaurante en Roupar de Abaixo. Conta coa colaboración de Sito Guerreiro, Toniño Cao, Carlos Barro, Javier Fernández, Javier Abeás, Luis Riveira, Adonis Seco e Paco Pernas. O club conta con cerca de douscentos socios.
O plantel está composto de 22 xogadores, a gran maioría ponteses. Hugo e Diego, como porteiros; Roupi, Cabanela, Campello, Ortigosa, Choupi, Eloy e Mosto, defensas; na liña media están Manuel, Corral, Fran, Kanche, Pupi, Pablo Pico e Bruno, derradeira fichaxe procedente do Caselas da preferente sur, e como atacantes están Alberto, Narci, Iván, Vladi, Julio e César.
Javi Saa, home con experiencia no fútbol sala, pois adestrou en dúas temporadas ó Esteo pontés, é o técnico que levou ó equipo rouparés ó ascenso de categoría, con Alberto como axudante. Picos, antigo xogador e presidente, é o delegado do Club.
UN POUCO DE HISTORIA
O Roupar nace como federado no ano 1982, aínda que hai constancia da existencia en 1933 do A.C. Rouparés no que estaban os Silvestre, Hipólito, Marcelino, Tato, Lista, Campo, Palmeiro, Pontes, Eulogio, Modesto, Suso e outros. Era un equipo non federado que participaba en competicións de modestos contra equipos da comarca. Alá pola década dos cincuenta estaban os Acuña, Carretera, Mencito, Raúl, Martiño, Abeás, Suso, Toños, Manoliño, Sergio e Paco. A finais dos anos sesenta formaban parte deste histórico Rouparés os Tomás, Juan, Pepito, Manoliño, Xarel, Alberto, Cuqui, Boucello, Tato, Ramil e Javier.
Nestes vinte e oito anos a SDC Roupar militou seis temporadas na primeira autonómica, vinte en segunda e dúas en terceira. Conta no seu haber coa copa Deputación de Lugo de segunda rexional da temporada 1993/94, unha copa Concello de Xermade da temporada 2004/05 tras vencer na final ó Xermade, un título de liga de segunda rexional (2003/04) e un de terceira autonómica, o que acaba de lograr esta temporada.
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
roupar_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios