LIGA COMARCAL FEMININA. MEIRÁS 1 CD AS PONTES 1. AS PONTESAS CELEBRAN O TÍTULO EN VALDOVIÑO

45

Trala confirmación da consecución do título de Liga a semana pasada, as pontesas rendían visita ó Meirás na última xornada.
Sen embargo, o que debía ser un día de celebracións dentro do equipo azul ensombreceuse definitivamente tralo falecemento o venres do ex porteiro do equipo cadete Raimond, de 16 anos, falecido en tráxicas circunstancias. En honor del gardouse un rigurosísimo minuto de silencio.
O encontro, en vistas da pouca trascendencia, e dadas as circunstancias, foi o de menos, serviu, iso si, para que ás máis noviñas do clube local lles fixeran un máis que merecido pasillo e a posterior celebración ó final do encontro.
femenino_1.jpg


O equipo pontés xogou un partido moi completo ante o cadro que acabou en mellor forma o campionato, o Meirás. Comezaron adiantandose as verdes cun un gol de Emma (7´), pero ahí emerxeu a figura de Clara, que esta tempada xogou tódolos encontros coas maiores e gañou moita experiencia, aparte da súa calidade incuestionable. Cerca do descanso tivo tres ocasións, pero a porteira estivo inmensa, anque por sorte conseguiu o empate no 23´.
Trala reanudación, co cansancio e co calor, baixou o ritmo do xogo, pero as mellores ocasións seguiron sendo para o As Pontes, Antía tivo tres claras, unha a porta baleira, pero o marcador non se moveu e cando o colexiado sinalou o final do encontro chegou o momento da celebración das azuis, nun Estadio Misael Prieto ateigado de público, entre unhas 250-300 persoas.
Primeiro título comarcal do fútbol feminino pontés, despois de 9 ligas en alevíns e infantís, 5 en cadetes e xuvenís e 2 en prebenxamíns, as pontesas inscriben o seu nome no palmarés da competición. O As Pontes finaliza con 5 victorias, 2 empates, 1 derrota, 18 goles a favor por 8 en contra, con 17 puntos, 13 para o Cariño, 11 Meirás, namentres que Ortigueira (7) e Aspirantes (6) dirimían esta mañá a cuarta plaza.
Salido alineou neste partido histórico a 1 Jessica, 2 Cris García, 3 Andrea, 4 Sabela, 5 Nato, 6 Antía, 7 Cris Moirón, 8 Clara, 9 Paula Chipy, 10 Uxía, 11 Paula Vilaboy e 12 Natalia.
Resultados Liga Comarcal 2009-10
Cariño 2 As Pontes 0
As Pontes 6 Ortigueira 0. Chipy (2), Antía (2), Janira, Cris Moirón
Aspirantes 0 As Pontes 1. Clara
As Pontes 2 Meirás 1. Chipy (2)
As Pontes 3 Cariño 1. Nato, Chipy, Janira
Ortigueira 2 As Pontes 2. Chipy, Carlota
As Pontes 3 Aspirantes 1. Chipy (2), Clara
Meirás 1 As Pontes 1. Clara
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
femenino_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios