Un grupo do facebook denuncia o arrincado masivo de árbores no Poboado da Madalena

73

Xa decía Gandhi aquilo de “Se queres cambiar o mundo, cámbiate a ti mesmo”. Moitas veces esquecemos esto e perdemos a perspectiva interesándonos por problemas de lonxe sen mirar o que temos na porta da casa. A todos nos preocupan cousas como o medioambiente e o benestar dos nosos e, sen embargo, parece que calamos cando se propoñen retirar tódalas árbores do barrio no que vivimos. ¿Que pasa coas zonas verdes, tan protexidas noutros espazos? ¿A que sombra se van sentar os nosos maiores a charlar? ¿Onde aniñarán os paxaros que nos animan as mañás e as tardes? ¿En que céspede se van sentar os nosos nenos a tomar a merenda no descanso de xogos interminables? ¿Quen nos devolverá o cheiro verde e fresco da natureza entre o cemento da urbanización?…
No poboado da Madalena estanse a facer obras despois de anos de abandono. As prazas foron mal proxectadas dende o principio, con materiais que non resisten á intensa humidade de As Pontes, deixando sempre un aspecto suxo e desleixado. O mellor que tiñamos eran as árbores. E as están arrincando. Todas.
ARBOREDEITADA.jpg


Gustaríame saber en qué momento da historia nos apearon e deixamos de contar como persoas. Fanse as cousas sen respectar as nosas opinións nin as nosas ideas. Non somos humanos, somos números; non somos veciños, somos votos. Xa que a nosa opinión non conta, gustaríanos polo menos ver o proxecto, ter unha explicación. Pero no Concello seica están moi ocupados porque non contestan.
É curioso que fronte a esta deixadez, sexamos precisamente os novos os que levantemos a voz. Será porque aínda recordamos cando xogabamos nos xardíns, recollendo follas que se transformaban nas xoias máis fascinantes, nas comidas máis exquisitas ou incluso e moeda de cambio por outros tesouros infantís… recordamos cando nos escondíamos entre as ramas, cando trepábamos por eles, cando parolabamos á súa sombra… Cando aínda non nos amolaba o que manchan as follas no outono, ou o ruido que meten cando vai vento. Será que aínda nos gusta a natureza e o que nos ofrece de forma gratuita, sen pensar noutro tipo beneficios, e que vemos neste pequeno conflito o reflexo do que sucede nos nosos bosques e no noso mundo. E será que vemos morrer a nosa infancia e perigar a dos nosos nenos, condeados a deambular nun mundo gris, monótono e aburrido.
Nova cortesía de Concha Quetón
ÚNETE AO GRUPO NO FACEBOOK
xardin.jpg
xardin_Rematado.jpg
madalena
madalena
madalena

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios